Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    11 de maio de 2020

    Os Premios á calidade lingüística, que este ano chegan á súa edición número 16, teñen como obxectivo fomentar o uso do galego entre o alumnado da Universidade de Santiago e neles destácanse os mellores traballos académicos, fin de grao (TFG) e fin de mestrado (TFM) redactados nesta lingua.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    11 de maio de 2020

    Galicia intensifica os seus recursos en liña para renderlle tributo a Ricardo Carvalho Calero, autor ao que este ano a Real Academia Galega (RAG) lle dedica o 17 de maio, que xa é o homenaxeado máis dixital de todos os que integran a nómina do Día Grande das Letras Galegas.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    11 de maio de 2020

    Dous estudantes da Universidade Nacional Timor Lorosa'e gañaron a sétima edición do Premio de Lingua Portuguesa da Fundación Oriente de Dili con dúas obras inspiradas en Fernando Pessoa.

    Fonte: Notícias ao Minuto

    11 de maio de 2020

    A minoría turca que vive en Grecia solicitoulle ao Ministerio de Educación grego que a partir do próximo ano introduza o ensino da lingua turca nas escolas infantís.

    Fonte: Daily Sabah

    08 de maio de 2020

    Un total de 40 escritoras e escritores de Portugal aceptaron a proposta da autora portuguesa Ana Margarida de Carvalho de escribir conxuntamente unha novela periódica durante o confinamento polo coronavirus. O proxecto xa se espallou a outros países e contará con traducións a italiano, francés, español, neerlandés e inglés.

    Fonte: The Guardian

    08 de maio de 2020

    A Oficina Pública da Lingua Occitana publicou unha campaña de sensibilización para animar as persoas a escolleren o ensino do occitano nos centros de educación secundaria.

    Fonte: Ofici Public de la Lengua Occitana

    08 de maio de 2020

    O Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo ofrece unha programación cultural de tres días de duración para conmemorar o Día Mundial da Lingua de Portuguesa. Nos eventos, todos virtuais, participaron artistas como Kalaf Epalanga e o dúo Fado Bicha.

    Fonte: Observador

    08 de maio de 2020

    O alumnado dos ciclos de grao medio e superior da comarca de Oarsoaldea ten a posibilidade de escoller o programa de prácticas no centro de traballo en éuscaro, que xa leva en funcionamento unha década e cuxo obxectivo é dar continuidade ao modelo lingüístico elixido nos estudos.

    Fonte: El Diario Vasco

    08 de maio de 2020

    O programa Berbanet ten como obxectivo que o persoal que traballa nos diferentes departamentos da Deputación Foral de Biscaia mellore a fluidez, supere medos e afiance o costume de falar en éuscaro no ámbito laboral.

    Fonte: BizkaiaGaur

    08 de maio de 2020

    O cantautor cabilo Hamid Cheriet, coñecido polo sobrenome de Idir e por defender a cultura e a música bérberes, morreu en París aos 70 anos de idade.

    Fonte: Nationalia 

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder