O Partido Democrático dos Pobos (HDP, polas súas siglas en turco) pediu no Parlamento de Turquía que converta o Día da Lingua Kurda (15 de maio) en festa nacional.
Fonte: Ahval
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Partido Democrático dos Pobos (HDP, polas súas siglas en turco) pediu no Parlamento de Turquía que converta o Día da Lingua Kurda (15 de maio) en festa nacional.
Fonte: Ahval
A XDLA lamenta que o Goberno do Principado e o Consello Regulador DOP Sidra de Asturias ignorasen o emprego da lingua asturiana en dúas importantes campañas.
Fonte: AsturNews
Co gallo da celebración do Día Internacional de Internet, a Fundación Puntueus presentou ni.eus, un servizo de correo electrónico en éuscaro desenvolvido xunto á empresa vasca Guebs.
Fonte: EITB
O dominio PuntoGal e a revista dixital Vinte convocan un concurso de creación audiovisual en Instagram co cancelo #VinteConOutrosOllos. Poderá participar calquera persoa maior de idade cun vídeo non superior a un minuto, que utilice o galego nos textos que acompañen a publicación e que mostre a realidade exterior cunha ollada distinta a como a vía antes da crise do coronavirus.
Estas axudas teñen como obxectivo fomentar a utilización do galego na redacción e na defensa das teses de doutoramento. O prazo para solicitalas finaliza o 31 de outubro e a súa contía comprenderá o pagamento dos gastos de fotocopiado e encadernación ata un máximo de 400 euros.
A recente aprobación da nova lei de unidade étnica na Rexión Autónoma do Tíbet terá un impacto negativo na promoción e salvagarda da cultura e lingua tibetanas.
Fonte: The Tibet Post
A República de Turquía celebra o 743 aniversario da súa lingua como idioma oficial.
Fonte: Hürriyet Daily News
Un xulgado de Pamplona desestimou o recurso presentado polo Concello de Berrioplano contra a resolución do Tribunal Administrativo de Navarra que anulou a exixencia de éuscaro como requisito para acceder a varios postos do cadro de persoal en 2018.
Fonte: Pamplona Actual
O Clube da Lingua deste centro de secundaria elaborou artesanalmente 125 máscaras de protección grazas á colaboración dunha familia. Estas máscaras levan palabras en lingua galega e repartiranse entre os integrantes da comunidade escolar que envíen memes sobre o galego.
Fonte: IES Marco do Camballón
A Academia Valenciana da Lingua incorporou á edición dixital do seu dicionario un conxunto de palabras propostas polo colectivo de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais (LGTBI).
Fonte: La Vanguardia
Subscríbase ao boletín