Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    12 de febreiro de 2020

    Representantes de organizacións que traballan en defensa do galego, o éuscaro, o aragonés, o asturiano ou o catalán presentaron o manifesto 'Igualdade lingüística: liberdade, pluralidade e democracia' para esixirlle ao Goberno que tome as medidas requiridas polo Consello de Europa en relación con estas linguas.

    Fonte: La Vanguardia

    12 de febreiro de 2020

    O partido dos Verdes do Condado irlandés de Donegal quere crear unha zona de fala gaélica nun contexto urbano que garanta o uso social da lingua.

    Fonte: Highland Radio

    12 de febreiro de 2020

    O presidente de Letonia, Egil Levits, presentou unha proposta no Parlamento do país báltico para reducir a un 20 % a cota de contidos televisivos en ruso.

    Fonte: UNIAN

    11 de febreiro de 2020

    As entidades locais de Galicia poderán adquirir novidades editoriais en galego en formato físico para ampliar os fondos das bibliotecas de titularidade municipal grazas á convocatoria de axudas impulsada pola Consellería de Cultura e Turismo.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    11 de febreiro de 2020

    Os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega (niveis medio e superior) convocados pola Egap contarán con modalidade presencial e teleformación e están destinados ao persoal funcionario de diferentes Administracións.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    11 de febreiro de 2020

    O programa BIKEE-Bizkaian Kirola Ere Euskaraz estenderase a todas as persoas relacionadas co deporte en Biscaia. Como agradecemento, a Deputación Foral agradeceu a organizacións deportivas, federacións, clubs etc. o seu labor na normalización e fomento do éuscaro neste ámbito.

    Fonte: El Diario

    11 de febreiro de 2020

    A Chunta Aragonesista trasladou unha iniciativa ao Senado, a través dun senador de Compromís, que ten como obxectivo lograr o recoñecemento profesional do persoal docente que imparta aragonés ou catalán no ensino obrigatorio en Aragón.

    Fonte: AraInfo

    11 de febreiro de 2020

    Representantes da Mesa pola Normalización Lingüística reuníronse co presidente do Parlamento para presentarlle a campaña 'Falar galego é saudábel', unha iniciativa coa que pretenden reivindicar unha atención sanitaria en lingua galega.

    Fonte: Galicia Confidencial

    11 de febreiro de 2020

    Cos Premios á calidade lingüística recoñécense os mellores traballos académicos, fin de grao (TFG) e fin de mestrado (TFM) redactados en lingua galega no presente curso académico.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    10 de febreiro de 2020

    A asociación Collectiu Occitan conseguiu levar á Asemblea Nacional de Francia unha proposta de lei para garantir a presenza diaria do occitano na televisión pública.

    Fonte: Jornalet

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder