O pequeno comercio compostelán, no marco do programa “Coidar para mellorar, mellorar para coidar”, poderá optar a unha nova convocatoria de axudas, impulsada desde o Concello, para gastos como campañas publicitarias ou outras iniciativas de comunicación en galego.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O poeta Juan Carlos Mestre presenta en Vilafranca do Bierzo a obra 200 gramos de patacas tristes, o seu primeiro libro escrito en galego, nun acto no que estarán presentes autores como Miguel Anxo Fernán Vello, Anxo Angueira, X. L. Méndez Ferrín ou Alba Cid.
Fonte: León Noticias
Un novo proxecto entre Portugal e Timor Leste, o Pró-Português, axudará a formar profesorado en lingua portuguesa de todos os niveis de ensino no país asiático.
Fonte: O Jornal Económico
O comisario da Lingua Galesa, Aled Roberts, declarou que os profesionais do servizo público de saúde deben poder comunicarse en galés cos pacientes que teñan esta lingua como idioma materno.
Fonte: The Guardian
Os concellos de Vilamarín, Bueu, Cedeira e o Liceo de Ourense acollen durante esta fin de semana as propostas de dinamización lingüística da Xunta en entidades adscritas á Rede de Dinamización Lingüística (RDL), por medio da Consellería de Cultura e Turismo.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, visitou a Feira Internacional do Libro LIBER, un encontro profesional de referencia en toda Europa que se celebra ata o venres en Madrid, e na que participan 14 editoriais galegas
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Auditorio Xosé Neira Vilas da Cidade da Cultura de Galicia acolleu a presentación dun novo volume póstumo, titulado Co pai, do autor que lle dá nome.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Facultade de Ciencias da Comunicación acolle o Congreso Internacional techLING 2019, centrado nas tecnoloxías lingüísticas dende o punto de vista da docencia, a comunicación e a gamificación.
Fonte: Universidade da Coruña
Este catálogo ten como obxectivo promover o éuscaro no ámbito socioeconómico para o que agrupa todos os certificados de calidade, subvencións etc. que están a disposición das empresas.
Fonte: Araba Press
Trátase neste caso de dúas normas técnicas relativas á adecuación dos procedementos e das actuacións dunha organización á normativa en vigor e establecen os requisitos para poder implantar e manter un sistema de xestión dos riscos legais nas empresas.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Boletín
Subscríbase ao boletín



