Segundo datos recentes do censo dos EUA, as linguas do sueste asiático como o malabar ou o bengalí son as que medraron máis velozmente neste país entre os anos 2016 e 2018.
Fonte: Quartz
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Segundo datos recentes do censo dos EUA, as linguas do sueste asiático como o malabar ou o bengalí son as que medraron máis velozmente neste país entre os anos 2016 e 2018.
Fonte: Quartz
En Cornualles, Reino Unido, proliferaron nos últimos anos grupos de música que utilizan a lingua córnica como modo de expresión para salvala da extinción. Actualmente esta lingua é falada por unhas 300 persoas.
Fonte: BBC
O BNG presentou no Parlamento de Galicia unha proposición non de lei na que instaba o Goberno galego a elaborar un novo decreto que incrementase as horas que se imparten en lingua galega no sistema educativo, unha proposta que rexeitou o grupo maioritario na Cámara, o PPdeG.
Fonte: El Correo Gallego
O programa de formación de futuro profesorado de catalán en universidades do exterior cumpre dez anos, un período no que 350 titulados e tituladas de 14 universidades se beneficiaron desta iniciativa, procedentes da Comunidade Valenciana, Cataluña e as illas Baleares.
Fonte: La Vanguardia
O Concello de Outes organiza conferencias e obradoiros destinados a rapaces e rapazas de 8 a 12 anos para que melloren o manexo da lingua galega a través do coñecemento da flora e da fauna.
Fonte: El Correo Gallego
A conselleira de Política Lingüística de Formentera reuniuse cos organismos autonómicos competentes nesta materia para estudar posibles actuacións para poñer en marcha na illa para promover o uso da lingua catalá e incrementar a súa presenza en sectores como o comercio e a hostalería.
Fonte: Nou Diari
A Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela (USC) acolleu a XII Xornada “Os recursos educativos en galego”, organizada pola Comisión de Normalización Lingüística da dita facultade en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou, na sede da Real Academia Galega (RAG), na presentación da primeira edición bilingüe galego-castelán da obra A vida de Lazarillo de Tormes e das súas fortunas e adversidades.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Casa das Culturas da Lingua Portuguesa do Porto acolleu a primeira reunión do Consello Ortográfico da Lingua Portuguesa co fin de definir áreas prioritarias de intervención e promoción do portugués en todos os países lusófonos.
Fonte: País ao Minuto
A falta de profesorado suficiente de xaponés leva a moitas familias de orixe estranxeira que viven no Xapón a escolarizar os seus fillos e fillas en clases de educación especial para que desenvolvan as súas destrezas lingüísticas.
Fonte: The Mainichi
Subscríbase ao boletín