O primeiro ministro indio, Narendra Modi, anunciou o seu interese en que a India se converta en país observador da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP).
Fonte: Mundo Lusíada
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O primeiro ministro indio, Narendra Modi, anunciou o seu interese en que a India se converta en país observador da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP).
Fonte: Mundo Lusíada
O Plan de promoción do éuscaro no ámbito socioeconómico 2020-2023 busca, entre outros, mellorar a competencia nesta lingua do persoal que traballa cara ao público, axudar no avance das competencias lingüísticas nas empresas e organizar campañas de sensibilización para promover a demanda de servizos en éuscaro.
Fonte: EITB
Itzuli, o tradutor automático neuronal de éuscaro a castelán, realiza 50 000 traducións diarias de media na súa versión web. Agora, a nova app para dispositivos iOS e Android complementa esta ferramenta e presenta como principal novidade a posibilidade de introducir texto a través da voz.
Fonte: Diario Vasco
Sentidiño converteuse na Palabra do Ano 2019 logo da votación impulsada polo Portal das Palabras na que resultou ser o termo máis votado polas persoas que participaron nesta iniciativa. En total acadou o 51 % dos votos emitidos, mentres que a que se situou en segundo lugar, feminicidio, conseguiu case o 20 %.
A obra Extraordinario, escrita por Antón Lopo e publicada pola editorial Galaxia, converteuse na primeira novela en galego en entrar nas obras recomendadas polo prestixioso PEN dos Estados Unidos de América.
Fonte: Sermos Galiza
O secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o escritor Alfredo Conde presentaron en Vigo a novela Homes de Ferro, unha obra que conta co apoio da Xunta de Galicia a través de "O teu Xacobeo".
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A raíz desta celebración, o Consorcio para a Normalización Lingüística renova a súa web e impulsa a súa actividade en redes sociais, para facela máis visible e achegar os contidos aos usuarios que queiran aprender catalán, principalmente os recentemente chegados a Cataluña.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A web, con 300 visitas diarias, supera xa o millón. Está dedicada á difusión do aragonés e do catalán de Aragón e dispón de contidos sobre tradición oral, historia, normativa, subvencións e programas culturais, entre outros.
Fonte: Diario del Alto Aragón
O guionista e realizador ferrolán Rubén Coca gañou a primeira edición do Premio de Guión para longametraxes pola súa obra Detrás da luz. Este certame, organizado pola Asociación de Guionistas de Galicia (AGAG), ten como obxectivos mellorar a presenza da lingua galega no audiovisual, promover autores que escriben en galego e contribuír a difundir o traballo dos membros da AGAG.
Fonte: Cultura Galega
Castelló pola Lingua celebrou un acto para conmemorar os 87 anos da aprobación das Normas de Castelló, que sentaron as bases ortográficas do valenciano en 1932.
Fonte: La Vanguardia
Subscríbase ao boletín