Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    20 de decembro de 2019

    As Nacións Unidas conmemoran como cada 18 de decembro en todo o mundo o Día Internacional da Lingua Árabe, un dos idiomas oficiais deste organismo internacional.

    Fonte: Daily Trust

    20 de decembro de 2019

    Un estudo elaborado pola empresa The Knowledge Academy revelou que case o 90 % da cidadanía de Chipre pode falar unha lingua estranxeira. O país europeo cunha porcentaxe máis baixa de nacionais competentes noutro idioma é o Reino Unido.

    Fonte: Cyprus Mail

    20 de decembro de 2019

    A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) convoca axudas para o ano 2019 destinadas á creación de obras audiovisuais en versión orixinal en lingua galega.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    20 de decembro de 2019

    O programa está orientado a persoas recentemente chegadas a Cataluña e busca concienciar sobre o uso do catalán a través de materiais de mercadotecnia en distintos idiomas sobre as obrigas lingüísticas contidas no Código de Consumo catalán.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    20 de decembro de 2019

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, participaron no acto de entrega do Premio Otero Pedrayo 2019 ex-aequo ao escritor Paco Martín e ao historiador Ramón Villares.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    20 de decembro de 2019

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega de premios do XVI Certame Contos de Nadal de La Voz de Carballo.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    20 de decembro de 2019

    Estas 18 entidades guipuscoanas uníronse en 2016 ao programa Gipuzkoa Berdinago para promover o uso do éuscaro nos seus ámbitos de actuación e agora danse cita na xornada Etorkizuna Eraikiz Gunea para coñecer os avances do programa.

    Fonte: Noticias de Guipuzkoa

    20 de decembro de 2019

    Petiscos Gastrobar, Cenlitrosmetrocadrado e Escola de Estudos Musicais Allegro reciben os galardóns da segunda edición do Premio Lingua e Empresa, que convoca o Concello de Ames co obxectivo de fomentar o uso do galego na actividade económica do municipio.

    Fonte: Concello de Ames

    20 de decembro de 2019

    Segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística, en Galicia editouse en 2018 un total 1998 títulos, un 6,7 % máis que no ano anterior. Destes, 896 estaban en castelán e 793, noutra lingua oficial. A nivel estatal, publicáronse en galego 1144 libros, dos cales case oito de cada dez se editaron en Galicia, o 10,8 % na Comunidade de Madrid e o 4,3 % en Cataluña.

    20 de decembro de 2019

    Aínda que a maior parte da poboación de Nova Zelandia teña o inglés como lingua materna, este idioma é só unha lingua de feito e non de dereito. Unha petición, rexistrada recentemente, quere cambiar esta situación e converter o inglés en idioma oficial xunto co maorí e a lingua de signos.

    Fonte: Times

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder