Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    26 de setembro de 2019

    A Escola Municipal de Artes Escénicas e o Concello da Estrada convocan a sétima edición do Premio de Textos Teatrais Varela Buxán, que ten entre os seus obxectivos divulgar a vida e obra do dramaturgo Manuel Daniel Varela Buxán e fomentar o uso da lingua galega como ferramenta literaria.

    Fonte: A Estrada na Rede

    26 de setembro de 2019

    O filólogo, profesor e escritor Gonzalo Hermo, gaña a XIII edición do Premio Narrativa Breve Repsol en Lingua Galega pola súa obra Diario dun enterro. Así o deron a coñecer na Coruña o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o director da refinería de Repsol, Javier Sancho, e a voceira do xurado, a novelista e poeta Berta Dávila.

    25 de setembro de 2019

    O presidente da República de Suráfrica apoiou con motivo do Día do Patrimonio Nacional a promoción e preservación das linguas indíxenas e afirmou que todos os idiomas falados no país teñen o mesmo valor.

    Fonte: The South African

    25 de setembro de 2019

    A totalidade de grupos que integran a coalición de goberno de Letonia apoia a aplicación da lei que establece que a lingua estatal, o letón, debe ser o idioma principal de instrución en todas as etapas educativas.

    Fonte: Baltic News Network

    25 de setembro de 2019

    Membros do Parlamento de Navarra e da Real Academia da Lingua Vasca-Euskaltzaindia mantiveron unha reunión para planificar as colaboracións entre ambas as institucións, na que se comprometeron, entre outras cuestións, a continuar dándolle visibilidade ao éuscaro a través de proxectos educativos, culturais e etnográficos.

    Fonte: Noticias de Navarra

    25 de setembro de 2019

    Ao longo do ano 2018 a Oficina de Dereitos Lingüísticos recibiu un total de 31 reclamacións, 53 suxestións e 3 consultas. No que respecta ás motivacións destas, a maior parte produciuse por incidencias en internet ou as redes sociais, seguidas de temas relacionados coa rotulación e a toponimia e, en terceiro lugar, por cuestións relativas á atención escrita e oral.  

    Fonte: Las Provincias

    25 de setembro de 2019

    O Concurso Literario en Lingua Catalá Roc Boronat, convocado pola ONCE, está dirixido a dous grupos de participación: un para persoas con algún tipo de discapacidade visual e outro para o todo público en xeral.

    Fonte: Generalitat de Cataluña

    25 de setembro de 2019

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, recibiu na Cidade da Cultura a 22 alumnos e a dúas profesoras do Instituto Santiago Apóstolo de Bos Aires que estes días visitan Galicia en viaxe de estudos.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    24 de setembro de 2019

    Un neno británico de 13 anos, Daniel Jillings, uniuse a unha campaña que demanda que a lingua de signos británica se integre plenamente no currículo de secundaria do Reino Unido.

    Fonte: ITV News

    24 de setembro de 2019

    A institución organizadora da Semana da Lingua Estoniana, o Instituto Estoniano, anima a todas as persoas independentemente da súa procedencia a acadar a cifra dos 3 millóns de estudantes deste idioma báltico.

    Fonte: Estonian World

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder