Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    13 de decembro de 2019

    A Facultade de Veterinaria está levando a cabo varias iniciativas a prol do uso do galego neste centro. Proba disto é o feito de que lle ofrecen ao alumnado materiais de estudo nesta lingua para un terzo das materias da titulación, ademais de organizar campañas e concursos de sensibilización.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    13 de decembro de 2019

    O Diario Oficial de Galicia publicou a resolución da convocatoria, realizada pola Secretaría Xeral de Medios, de subvencións para o ano 2019 destinadas a empresas que realizan publicacións periódicas escritas integramente en galego.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    13 de decembro de 2019

    No seu quinto informe sobre o cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias, o Consello de Europa, con sede na cidade francesa de Estrasburgo, volveu censurar a política lingüística da Xunta de Galicia e pide, entre outras cousas, que se eliminen os atrancos á docencia en galego en todos os niveis educativos. 

    13 de decembro de 2019

    A Comisión de Dereitos Humanos e Minorías da Cámara dos Deputados do Brasil aprobou unha proposta que garantirá que os municipios de todo o Brasil que posúan comunidades indíxenas poderán oficializar as súas linguas nativas dentro dos seus territorios.

    Fonte: Câmara dos Deputados

    11 de decembro de 2019

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou, na Facultade de Administración e Dirección de Empresas da Universidade de Santiago de Compostela (USC), na celebración do Día da Galeguidade Empresarial que promove o Foro Enrique Peinador, dedicado este ano a Antonio Fernandez López e ao 95 aniversario do I Congreso de Economía de Galicia.

    11 de decembro de 2019

    O Goberno da República de Irlanda aprobou unha nova lei que deberá garantir que un quinto das persoas que se incorporen ao servizo público sexan competentes en gaélico irlandés. Esta medida pretende mellorar a atención pública en lingua irlandesa ás persoas que opten por empregar este idioma ante a administración.

    Fonte: Independent

    11 de decembro de 2019

    O Instituto Politécnico de Macau (IPM) abriu o Centro Internacional Portugués de Formación en Interpretación de Conferencia que se ocupará da capacitación dos e das profesionais da interpretación de conferencia entre o portugués e outras linguas. Este centro reforzará a cooperación entre China e os países lusófonos.

    Fonte: País ao Minuto

    11 de decembro de 2019

    Antzerki Aroa pecha as representacións en éuscaro na cidade de Pamplona coa interpretación dunha obra nacida da improvisación na que se reflexiona sobre a condición do ser humano e a súa maldade.

    Fonte: La Vanguardia

    11 de decembro de 2019

    O Léxico de doenzas minoritarias, elaborado en colaboración co Servizo Catalán da Saúde, recolle máis de 470 conceptos sobre estas enfermidades en catalán, coas súas equivalencias en castelán, inglés e francés.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    11 de decembro de 2019

    Os cambios foron realizados no curso 2016/2017 en cinco escolas infantís (0-3 anos) e supuñan unha reconfiguración da planificación educativa para a que o concello non ten competencia, segundo o auto do Tribunal Superior de Xustiza, pois incumpre o Decreto Foral que obriga a garantir a continuidade no mesmo centro do modelo lingüístico escollido polo alumnado ata o final da súa escolarización.

    Fonte: El Diario

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder