Un estudo científico con falantes de diferentes linguas revelou que o idioma ou idiomas que falamos poden ter unha influencia directa na atención que poñemos nas cousas e no movemento dos nosos ollos.
Fonte: Scientific American
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Un estudo científico con falantes de diferentes linguas revelou que o idioma ou idiomas que falamos poden ter unha influencia directa na atención que poñemos nas cousas e no movemento dos nosos ollos.
Fonte: Scientific American
A Xunta de Galicia celebra a vixésimo quinta edición do seu premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais aumentando a súa dotación ata 8000 euros, 2000 máis que nas súas convocatorias anteriores.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Cristina Pato organizou unha mesa redonda na Universidade de Nova York sobre as linguas minoritarias de España na que participaron representantes de Galicia, Cataluña e o País Vasco.
Fonte: Galicia Confidencial
A AVL inaugurou o curso coa entrega das medallas que recoñecen os labores de difusión e defensa do valenciano e aproveitou para reclamar unha maior atención sobre as normas que velan pola igualdade desta lingua en todos os ámbitos.
Fonte: La Vanguardia
Os galardóns, que outorga a Deputación Foral de Biscaia como recoñecemento á difusión e normalización do éuscaro e a cultura vasca, contan con varias categorías. O Premio Honorífico Lauaxeta deste ano recaeu no programa de normalización lingüística na Administración EraMiak, pola súa contribución ao fomento desta lingua no mundo laboral.
Fonte: Bizkaia Gaur
A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar; e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; participaron na gala de entrega dos Premios aRi[t]mar da Música e da Poesía Galego-Portuguesa.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Co fin de expandir a súa audiencia a persoas que falen linguas diferentes do inglés, o xornal estadounidense The Washington Post lanzou o seu primeiro podcast de noticias en lingua española.
Fonte: NiemanLab
A ministra de Integración da República Federal de Alemaña, Annette Widmann-Mauz, presentou o último informe sobre integración no país e pediu accións concretas para a mellora da aprendizaxe da lingua alemá. Entre as medidas que se poderían desenvolver figura a introdución dun exame de alemán como requisito para acceder ás escolas.
Fonte: Deutsche Welle
O Consello Escolar emitiu unha resolución apoiada nos datos do Instituto de Avaliación da Calidade do Sistema Educativo, que determina que o 45,3 % do alumnado remata primaria cun nivel baixo en expresión oral catalá. Solicitan medidas para paliar este déficit, comezando por realizar un diagnóstico adecuado da situación desta lingua no ensino.
Fonte: 20 minutos
Nós Diario é unha nova iniciativa xornalística en lingua galega que comezará a editarse a partir do vindeiro 2 de xaneiro de 2020 e que contará cunha versión en papel e outra dixital.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Subscríbase ao boletín