Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    03 de decembro de 2019

    Un estudo comparativo realizado en Finlandia revelou que os institutos de ensino secundario nos que o sueco é a lingua de instrución ocupan os postos superiores da clasificación. O dominio das linguas é un dos factores que explica esta vantaxe.

    Fonte: YLE

    02 de decembro de 2019

    O filme A Febre da directora brasileira Maya Da-Rin, gravado na súa maior parte en lingua tukana da Amazonia brasileira, gañou o premio á mellor película no Festival de Brasilia.

    Fonte: Folha de São Paulo

    02 de decembro de 2019

    Centos de persoas manifestáronse nas rúas de París para demandar políticas que favorezan a promoción e o ensino das linguas minorizadas en Francia. A marcha foi convocada por un colectivo que aglutina moitas entidades de todas as rexións de Francia onde se falan linguas vernáculas diferentes do francés.

    Fonte: Nationalia

    02 de decembro de 2019

    Corullón acolleu a entrega do II Premio Morales para a promoción da lingua galega no Bierzo e en Sanabria, grazas ao que se publicarán os textos e as ilustracións galardoados do alumnado que estuda galego no Bierzo e en Lubián.

    Fonte: Instituto de Estudios Bercianos

    02 de decembro de 2019

    O xurado dos IV Premios Paraugas de Comunicación e Marketing de Galicia seleccionou como gañadora, na categoría de Mellor proxecto social media, a iniciativa da CRTVG #Instagal, que busca retratar a diversidade lingüística de Galicia a través das redes sociais.

    Fonte: CRTVG

    02 de decembro de 2019

    Esta oficina estará en marcha a partir de febreiro de 2020 e terá como obxectivo velar polos dereitos dos falantes, polo que poderá intervir, a instancia de interesados ou de oficio, ante actuacións da propia Administración balear, de suxeitos privados ou da cidadanía. 

    Fonte: 20 minutos

    02 de decembro de 2019

    O Catálogo de Nadal 2019 da Mesa pola Normalización Lingüística inclúe diferentes propostas de agasallos en galego que ofrecen as empresas adscritas ao proxecto Abertos ao Galego.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    02 de decembro de 2019

    O mapa, elaborado polo Clúster de Sociolingüística, revela que, ademais do éuscaro e o castelán, existen na provincia arredor de 130 linguas das que só dez teñen máis de mil falantes. No que respecta ao éuscaro, fálano 400 000 persoas e enténdeno outras 100 000.

    Fonte: EITB

    02 de decembro de 2019

    O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, participou no acto de presentación do libro O meu bisavó, un relato breve inspirado na Galicia campesiña, editado en galego e ilustrado. Esta edición contou co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    02 de decembro de 2019

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou en Sarria na presentación do proxecto Trobador no Camiño, Andares pola lírica de Martín de Padrozelos, un libro-disco que rescata a figura de Martín de Padrozelos, considerado o primeiro trobador da lírica galego-portuguesa.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder