Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    27 de novembro de 2019

    Con motivo do cuarto aniversario do falecemento de Xosé Neira Vilas, ocorrido o 27 de novembro de 2015, o cemiterio parroquial de Gres, no que repousa, acolleu unha ofrenda na que participou o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    27 de novembro de 2019

    Representantes das comunidades indíxenas e do Goberno de Panamá reuníronse para aprobar medidas que axuden a protexer a riqueza lingüística das sete etnias do país.

    Fonte: Prensa Latina

    27 de novembro de 2019

    O ministro de Asuntos Exteriores de Portugal, Augusto Santos Silva, cualificou a oficialización do Día Mundial da Lingua Portuguesa por parte da UNESCO como unha gran vitoria para todos os países lusófonos. O mandatario espera que esta efeméride traia consigo maior promoción da lingua e literatura en portugués.

    Fonte: RTP Notícias

    26 de novembro de 2019

    Este censo, creado no 2002 coa intención de agrupar os distintos organismos que traballan en prol da lingua catalá, incorporou este ano 36 novas entidades, polo que conta na actualidade cun total de 242.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    26 de novembro de 2019

    Os partidos do actual goberno de Oviedo eliminaron as partidas orzamentarias que deberían dedicarse ao asturiano en 2020: a relativa a unha oferta pública de emprego como coordinador/a en lingua asturiana e a destinada a subvencionar a Academia da Lingua Asturiana.

    Fonte: Asturies.com

    26 de novembro de 2019

    A corporación de Nigrán aprobou por unanimidade a primeira ordenanza de normalización lingüística do Concello, que impulsará o uso do galego na actividade municipal e a adopción de medidas que eviten a discriminación por razón de lingua.

    Fonte: ValMiñorTV

    26 de novembro de 2019

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañou a Xoán Carlos García Porral na presentación da obra As tres mouras da Fonte Lantana.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    26 de novembro de 2019

    A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco) ratificou a decisión que proclama o 5 de maio como o Día Mundial da Lingua Portuguesa.

    Fonte: Jornal Económico

    26 de novembro de 2019

    A organización de patrimonio británica National Trust e investigadores da Universidade de Bangor e do Trinity College de Dublín están traballando na instalación dun novo sistema de calefacción alimentado con enerxía hidráulica na casa natal de William Morgan, autor da súa famosa biblia do século XVI, obra capital para a supervivencia da lingua galesa.

    Fonte: The Guardian

    25 de novembro de 2019

    As principais modificacións que introduce, consideradas nalgúns casos discriminatorias, supoñen a eliminación da valoración do coñecemento do éuscaro como mérito para os postos sen perfil bilingüe e a supresión, de facto, do bilingüismo na publicidade institucional así como na rotulación das placas das rúas e similares.

    Fonte: Noticias de Navarra

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder