A Xunta mantén o seu apoio á feira das industrias culturais Culturgal como principal patrocinadora da súa 12ª edición, que terá lugar do 29 de novembro ao 1 de decembro no Pazo de Cultura de Pontevedra.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Xunta mantén o seu apoio á feira das industrias culturais Culturgal como principal patrocinadora da súa 12ª edición, que terá lugar do 29 de novembro ao 1 de decembro no Pazo de Cultura de Pontevedra.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta de Galicia presentou o disco “Ao son delas”, xurdido a raíz dun proxecto educativo homónimo do IES Maximino Romero de Lema (Baio, Zas) que foi premiado no seu día polas Consellerías de Cultura e Turismo e de Educación, Universidade e Formación Profesional.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O 72,4% do alumnado do Consorcio pola Normalización Lingüística (CPNL) naceu no estranxeiro, unha cifra que sitúa a aprendizaxe do catalán por parte destas persoas como unha prioridade para a política lingüística de Cataluña.
Fonte: La Vanguardia
A Comisión de Seguimento do Protocolo de colaboración en materia de política lingüística decidiu concederlle o Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado neste ano 2019 a Guadi Galego, polo seu último traballo “Inmersión”, no que a artista galega incluíu doce temas en sete linguas da Península Ibérica.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Un total de 15 concellos participantes na Rede de Dinamización Lingüística (RDL) acollen outras tantas actividades do programa FalaRedes, desenvolvido pola Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e da campaña Nós contra a violencia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, ofreceu no Centro Galego de Lleida a conferencia “A lingua galega desde a orixe do Camiño de Santiago aos nosos días”.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Centenas de persoas pediron publicamente no sitio do Parlamento do Gran Ducado de Luxemburgo que o inglés poida converterse en lingua administrativa do país.
Fonte: Contacto
O acordo de colaboración entre a empresa Microsoft e a Comisión da Lingua Maorí de Nova Zelandia permitirá que o sistema operativo inclúa a lingua nativa do país insular no seu sistema de tradución automática.
Fonte: Tech Crunch
O recentemente formado órgano de goberno da Xarxa.val, que inclúe representantes da Generalitat Valenciana, 47 municipios, varias mancomunidades e catro das cinco universidades públicas da comunidade, reuniuse para abordar o avance en política lingüística a nivel local así como a estratexia conxunta para seguir nesta materia.
Fonte: La Vanguardia
A reunión produciuse coa intención de valorar as vías que se van seguir para acadar unha estratexia de actuación coordinada en materia de política lingüística entre os distintos corpos institucionais da comunidade con competencias.
Fonte: La Vanguardia
Subscríbase ao boletín