Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    19 de novembro de 2019

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de presentación da obra Homenaxe a Evaristo de Sela (1917-1994). Estudos e lembranzas sobre a vida e obra do helenista e poeta, que acolleu o compostelán Pazo de San Roque.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    19 de novembro de 2019

    O ministro de Cultura de Estonia, Tõnis Lukas, saudou os nacionais de Hungría e Finlandia con motivo do Día das Linguas e Culturas Ugrofinesas e lembrou da necesidade de protexer os medios de expresión destes pobos xa que a maioría deles está en perigo de desaparición.

    Fonte: ERR

    19 de novembro de 2019

    A emisora en occitano Ràdio Occitània está nunha situación crítica despois de que a Oficina Pública da Lingua Occitana rexeitase subvencionala a causa de restricións de tipo orzamentario. 

    Fonte: Jornalet

    18 de novembro de 2019

    As axudas, convocadas pola Concellería de Normalización Lingüística, están dirixidas á promoción de actividades que fomenten o uso do valenciano en rótulos, documentación, actuacións musicais e teatrais, así como ao emprego deste como lingua vehicular para diversos espazos nos que as asociacións poidan estar traballando.

    Fonte: El Periódico Mediterráneo

    18 de novembro de 2019

    Iniciativa polo Asturiano solicítalles aos deputados de Asturias que acheguen esta necesidade ao Goberno central para así recoñecer e mellorar as condicións dos docentes de lingua asturiana ao considerar que se atopan nunha situación de desigualdade respecto a mestres e mestras doutras materias.

    Fonte: La Voz de Asturias

    18 de novembro de 2019

    Os Premios Manuel Beiras, que cumpren vinte anos, abren unha nova convocatoria para recoñecer e poñer en valor as empresas santiaguesas que usan o galego na súa comunicación.

    Fonte: Concello de Santiago de Compostela

    18 de novembro de 2019

    Nas vésperas do Día Internacional do Patrimonio Mundial, a Xunta de Galicia e o Consello da Cultura Galega (CCG) presentaron na sede deste último organismo o Foro Patrimonio e Sociedade que se desenvolverá entre decembro deste ano e novembro de 2020.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    18 de novembro de 2019

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no Teatro Principal da Estrada na entrega do XXXI Premio de Novela Manuel García Barros á novelista e poeta Berta Dávila Fernández pola obra Carrusel.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    18 de novembro de 2019

    Máis de 1000 persoas concorreron esta fin de semana, en Santiago de Compostela e Ponferrada, á segunda convocatoria de probas do 2019 para acreditar oficialmente o seu nivel de competencia en lingua galega.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    18 de novembro de 2019

    O distrito de Mid Ulster en Irlanda do Norte rexistrou case 100 ataques vandálicos a sinais bilingües ou escritos en gaélico irlandés nos últimos dous anos. Nun deles mesmo instalaron cámaras de vixilancia polo elevado número de casos vandálicos que se rexistraron.

    Fonte: The Irish News

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder