Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    18 de novembro de 2019

    Un exdocente de portugués do Instituto Camões alertou da inexistencia actual de oferta de ensino de portugués europeo nas institucións quebequesas de ensino superior e iso a pesar da demanda crecente pola impartición deste idioma.

    Fonte: País ao Minuto

    15 de novembro de 2019

    Un estudo elaborado na Universidade de Rochester (EUA) analizará por primeira vez a incidencia que a primeira lingua dos falantes pode ter na eficacia á hora de adquirir linguas estranxeiras. Os resultados deste estudo poderían levar a aplicar novos métodos de instrución no ensino de adultos.

    Fonte: Science Daily

    15 de novembro de 2019

    A Universidade de Estudos Estranxeiros de Beijing (China) comezará a impartir clases de kinyarwanda, unha das linguas nacionais de Ruanda, falada tamén na República Democrática do Congo e Uganda.

    Fonte: University World News

    15 de novembro de 2019

    A Unión Africana creou unha comisión oficial sobre a lingua tamazight ou bérber co obxectivo de fundar posteriormente comités de promoción deste idioma nos diferentes países africanos onde se fala.

    Fonte: University World News

    15 de novembro de 2019

    O Pleno do Parlamento votou finalmente en contra de retirar de uso, así como dos programas de gratuidade, varios modelos de libros de texto que, segundo un informe de 2009, non concordan coa realidade institucional de Navarra.

    Fonte: Navarra Información

    15 de novembro de 2019

    Un informe publicado pola empresa sueca EF Education First revela que países europeos como Francia, España e Italia rexistraron cos últimos datos analizados valores máis baixos de dominio da lingua inglesa.

    Fonte: Quartz

    15 de novembro de 2019

    Despois da boa acollida da primeira edición da iniciativa “Erraza da”, o 9 de decembro comezará a segunda fase do programa, que contará cun novo dicionario, prolongación do primeiro, con vocabulario de uso frecuente para o sector da hostalería.

    Fonte: DonostiaEuskaraz

    15 de novembro de 2019

    “A oitava edición do programa FalaRedes sobe a Eduardo Pondal aos seus escenarios para dinamizar o uso do idioma na mocidade e achegarlle a figura, sempre controvertida, e a obra do bardo bergantiñán que encamiñou toda a súa obra á recuperación da lingua e da cultura galegas e que foi piar, con Rosalía e Curros, do Rexurdimento galego”, sinalou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, na presentación da xira desta peza teatral dirixida por Cándido Pazó.

    15 de novembro de 2019

    O número 4 de Cumieira. Cadernos de investigación da nova Filoloxía Galega contén seis investigacións sobre lingua ou literatura galegas realizadas por mozas e mozos investigadores da Universidade de Vigo.

    Fonte: Universidade de Vigo

    15 de novembro de 2019

    A Guía para o uso do galego na Administración local, editada pola Mesa pola Normalización Lingüística, ten como obxectivo que os concellos galegos se impliquen na posta en marcha de políticas a prol do galego. O presidente da Fegamp reuniuse con membros desta plataforma e comprometeuse a facérllela chegar aos concellos que participen na próxima asemblea do organismo.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder