Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    12 de novembro de 2019

    O filme Longa Noite de Eloy Enciso estréase no 16º Festival de Sevilla de Cine Europeo na súa versión orixinal en galego, o mesmo que Arima de Jaione Camborda, que se proxectará dentro da sección "Las nuevas olas".

    Fonte: Cultura Galega

    11 de novembro de 2019

    O Instituto Camões anunciou que a Universidade de Sofía Sveti Kliment Ohridski, en Bulgaria, creará a cátedra José Saramago co fin de reflectir a importancia que a obra deste autor ten nos estudos literarios do país eslavo. 

    Fonte: Público

    11 de novembro de 2019

    Como cada 9 de novembro, Ucraína celebra o Día da Escritura e Lingua Ucraínas que conmemora a figura do reverendo Néstor o Cronista.

    Fonte: 112 International

    11 de novembro de 2019

    O Parlamento de Cataluña, o Departamento de Acción Exterior e o TERMCAT asinaron un convenio que permitirá a elaboración dun dicionario terminolóxico da actividade parlamentaria. Está previsto que conte cunha versión en papel e outra en liña e que conteña arredor de 400 termos en catalán acompañados de definicións, notas explicativas e equivalencias en castelán, occitano, francés e inglés.

    11 de novembro de 2019

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, compartiron a celebración do Día da Ciencia en Galego con 300 estudantes de 4º da ESO e bacharelato.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    08 de novembro de 2019

    O presidente da República de Portugal, Marcelo Rebelo de Sousa, participará nunha reunión da Academia Francesa en París onde pronunciará un discurso sobre a riqueza do francés e o portugués.

    Fonte: Notícias ao Minuto

    08 de novembro de 2019

    O Goberno da República Federal Alemá esixiralles aos membros do clero procedentes de fóra da Unión Europea que teñan coñecementos de alemán para poder traballar no país.

    Fonte: Deutsche Welle

    08 de novembro de 2019

    Este dicionario, que ata o momento só estaba dispoñible na súa versión impresa, contén 2484 entradas relacionadas coa comunicación empresarial que se presentan en catalán coa súa tradución en castelán e inglés e, nalgúns casos, francés. 

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    08 de novembro de 2019

    Aproveitando a celebración desta nova edición do Congreso da Asociación de Academias da Lingua Española, presentáronse as 1100 modificacións da 23.ª edición do Dicionario da lingua española, que inclúe 229 novos artigos, 88 novas acepcións e 284 emendas a acepcións existentes. 

    Fonte: Real Academia Española

    08 de novembro de 2019

    Segundo datos extraídos da enquisa English Proficiency Index 2019, Portugal e Luxemburgo están entre os países do mundo onde mellor se fala inglés. Os Países Baixos ocupan o primeiro lugar nesta clasificación.

    Fonte: Contacto

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder