Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    13 de novembro de 2019

    'A l'ombra de Sant Pau' é un escape room ambientado na Guerra Civil, impulsado polo Instituto de Estudos Cataláns e a Dirección Xeral de Política Lingüística, no que as persoas participantes deberán resolver unha serie de enigmas relacionados co catalán.

    Fonte: La Vanguardia

    13 de novembro de 2019

    A serie rodada en galego O sabor das margaridas ocupa o posto número sete entre as máis vistas en Netflix en idiomas diferentes ao inglés. Trátase da primeira ficción nesta lingua que se inclúe no catálogo da plataforma, que despois do éxito alcanzado comeza a rodaxe da segunda tempada.

    Fonte: Fuera de Series

    13 de novembro de 2019

    O Goberno acordou un paquete de medidas para o fomento do catalán, entre as que figuran unhas cláusulas de uso desta linguas na contratación administrativa de produtos e servizos tecnolóxicos por parte da Generalitat, como nas pantallas dixitais ou os elementos de asistencia de voz.

    Fonte: La Vanguardia

    13 de novembro de 2019

    A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentaron O rueiro das liortas, a nova proposta da campaña “Nós contra a violencia” da Xunta de Galicia que ten como obxectivos promover o uso do galego e sensibilizar contra a violencia de xénero, os micromachismos e a desigualdade.

    13 de novembro de 2019

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na mesa inaugural do Foro da Cooperación Municipalista da Lusofonía: os municipios, pezas clave do desenvolvemento, que acolle a Escola Galega de Administración Pública - EGAP.

    Foro: O Portal da Lingua Galega

    12 de novembro de 2019

    A Cidade de Guatemala acolleu o Festival Latinoamericano de Linguas Indíxenas por Internet que reuniu máis de 250 falantes de linguas orixinarias de toda América Latina. O obxectivo era analizar e debater como tirar proveito das vantaxes de internet na protección e promoción das linguas e culturas minorizadas.

    Fonte: ONU

    12 de novembro de 2019

    O secretario de Estado para a Educación de Cabo Verde presentou o Dicionário da Língua Gestual Cabo-verdiana (Dicionario da Lingua de Signos Caboverdiana) que axudará a posibilitar a integración das persoas xordas ou con dificultades auditivas no arquipélago.

    Fonte: Espresso das Ilhas

    12 de novembro de 2019

    O Concello de Carballo convoca unha nova edición do Carballo Interplay, á que poderán presentarse webseries producidas entre 2017 e 2020 cun mínimo de tres capítulos emitidos. Entre as dez categorías do certame inclúese un premio a proxectos de webseries en galego.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    12 de novembro de 2019

    O actual goberno do Concello de Pamplona quere levar a pleno a recuperación na súa práctica totalidade da ordenanza lingüística de 1997, que recorta a presenza do éuscaro na publicidade institucional nun 25 % en relación co modelo actual.

    Fonte: Naiz

    12 de novembro de 2019

    A lingua náhuat-pipil, que conta actualmente con 75 falantes, atópase inmersa nun novo proxecto de recuperación e revitalización lingüística para o cal se está tomando como referencia o modelo de inmersión lingüística das ikastolas navarras. 

    Fonte: Noticias de Navarra

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder