Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    08 de novembro de 2019

    Acaban de darse a coñecer os nomes das persoas que integran a lista de finalistas dun dos máis importantes premios literarios en portugués, o Premio Océanos de Literatura en Lingua Portuguesa. Son tres as nacionalidades das persoas seleccionadas: o Brasil, Portugal e Angola.

    Fonte: Diário do Nordeste

    07 de novembro de 2019

    O secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García, participou en Bruxelas no Seminario sobre educación Tecnoloxías Dixitais, Modelos Lingüísticos e Integración Inmigrante incluído nos actos do Comité Executivo da Rede Europea para a Promoción da Diversidade Lingüística (NPLD, nas súas siglas en inglés) que acolle estes días a sede da Fundación Galicia Europa e no que a Xunta de Galicia participa en calidade de membro de pleno dereito.

    07 de novembro de 2019

    Cinco concellos adheridos á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) acollerán esta fin de semana actividades do programa FalaRedes, desenvolvido pola Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e da campaña “Nós contra a violencia”.

    Fonte: Xunta de Galicia

    07 de novembro de 2019

    Esta iniciativa emparella participantes para que poidan axudarse na aprendizaxe do catalán a través de reunións periódicas para conversar, realizar actividades de ocio e outras que poidan ser do seu interese.

    Fonte: El Periódico

    07 de novembro de 2019

    Portugalete, Santurtzi e Sestao puxeron en marcha esta iniciativa que busca dar a coñecer o nome dos peixes en éuscaro a través de diversos carteis informativos, e invitar así a cidadanía a empregar o idioma no seu día a día.

    Fonte: En Portugalete

    07 de novembro de 2019

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañaron o investigador cubano Julio César González Pagés, profesor da Universidade da Habana, na presentación da obra Galegas en Cuba.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    06 de novembro de 2019

    A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos premios Óscar descualificou o filme nixeriano Lionheart da loita polo galardón á mellor película estranxeira por estar rodado maioritariamente en inglés.

    Fonte: CNBC

    06 de novembro de 2019

    O Ministerio de Cultura do Perú anunciou que un novo programa de radio comezará a emitirse en lingua quechua en todo o Perú e nas provincias quechuafalantes de Arxentina.

    Fonte: Sputnik

    06 de novembro de 2019

    A nova campaña de promoción do valenciano posta en marcha polo Concello de Castelló ten como lema 'I avant' e o seu obxectivo é promover o uso desta lingua a través de actos e obxectos cotiáns.

    Fonte: Castelló Extra

    06 de novembro de 2019

    O concurso Xixón Fala en 3, organizado polo Concello, busca promover o asturiano entre a cidadanía para o que as persoas participantes deben defender un tema determinado nesta lingua durante tres minutos empregando un rexistro culto.

    Fonte: Asturies.com

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder