Nove concellos galegos acollen durante a ponte festiva outras tantas actividades impulsadas pola Xunta de Galicia no marco do programa de dinamización lingüística FalaRedes e da campaña Nós contra a violencia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Nove concellos galegos acollen durante a ponte festiva outras tantas actividades impulsadas pola Xunta de Galicia no marco do programa de dinamización lingüística FalaRedes e da campaña Nós contra a violencia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, participou nos actos con motivo do Día da restauración da memoria lingüística de Galicia que se celebraron na Casa do Concello de Paradela e mais no cemiterio parroquial de San Facundo de Ribas de Miño, o único de Galicia que ten todas as inscricións funerarias escritas en galego.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O programa Darabilbo busca fomentar o uso do éuscaro e a súa normalización entre a sociedade a través de actividades de cultura e tempo libre, como visitas guiadas a museos, sesións de danza ou actividades gastronómicas.
Fonte: El Diario
Sarean Euskaraz chega á súa terceira edición na que participaron arredor de 500 estudantes de secundaria de Navarra. Trátase dunha iniciativa que ten como obxectivo impulsar o uso do éuscaro no ámbito das tecnoloxías da información e da comunicación e promover a cultura dixital nesta lingua.
Fonte: 20 minutos
A Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGBMP) organiza esta fin de semana en Santiago a décimo terceira edición do seu Certame Galego de Bandas de Música Populares, que será a máis internacional e numerosa de todas as celebradas ata o momento.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañou, na compostelá libraría Couceiro, o xornalista e escritor Paco López-Barxas na presentación do seu novo libro Ben-Cho-Shey inédito, publicado por Auga Editora co apoio da Deputación Provincial de Ourense.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O ministro de Asuntos Exteriores de Portugal, Augusto Santos Silva, informou de que a lingua portuguesa pasará a integrar o currículo educativo dun total de 32 países do mundo. Países como Cuba e Colombia poderían tamén ter ensino de portugués no futuro.
Fonte: Diário de Notícias
Un estudo realizado no Reino Unido revelou que o cerebro dos bebés que medran con dúas linguas orais está máis preparado para responder e adaptarse á lingua de signos que o daqueles que se crían nun ambiente exclusivamente monolingüe.
Fonte: Medical Express
O Concello de San Sebastián reparte esta cantidade entre nove proxectos propostos por entidades sen ánimo de lucro cuxo principal obxectivo é impulsar o uso do éuscaro.
Fonte: La Vanguardia
A web de Lingua Catalá renóvase e pon a disposición de medios de comunicación e empresas novos materiais gráficos e audiovisuais de difusión de campañas de Política Lingüística para a súa libre descarga.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Subscríbase ao boletín