Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    06 de novembro de 2019

    O Concello ponteareán, co obxectivo de distinguir as empresas do municipio que usan o galego como lingua habitual, convocou o premio "Ponteareas, Lingua e Empresa". Resultaron gañadoras da primeira edición deste galardón Cárnicas Fontefría, Die Gabinete Técnico e Máis Vida.

    Fonte: Faro de Vigo

    06 de novembro de 2019

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o alcalde, Jorge Cubela, visitaron no Edificio Multiúsos de Cotobade a mostra “Os nove anos de Fraguas en Lugo”.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    06 de novembro de 2019

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu á conferencia "40 anos de políticas lingüísticas no Quebec. 1977-2017" que impartiu o profesor François Vaillancourt.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    05 de novembro de 2019

    Como cada 5 de novembro, o Brasil celebra o Día Nacional da Lingua Portuguesa que rende homenaxe á lingua de Camões e ao escritor Rui Barbosa.

    Fonte: Diário do Litoral

    05 de novembro de 2019

    Con motivo do Día Mundial da Lingua Romaní, a secretaria xeral do Consello de Europa, Marija Pejčinović Burić, instou os estados membros da organización a protexer e promover o idioma do pobo xitano.

    Fonte: Council of Europe

    05 de novembro de 2019

    A Consellería de Educación do Goberno de Navarra e a AEK asinaron o contrato do programa educativo Solaskide por valor de 98 280 euros para fomentar a capacidade oral en éuscaro do alumnado a través de actividades de reforzo da expresión.

    Fonte: Navarra.es

    05 de novembro de 2019

    O Concello de Eivisa e o Instituto de Estudos Eivisencos renovan o programa de voluntariado lingüístico municipal co obxectivo de aumentar o uso social do catalán e crear un marco no que as persoas que non o falan poidan practicalo.

    Fonte: Sóller
     

    05 de novembro de 2019

    Os Premios á calidade lingüística nos traballos fin de grao (TFG) e fin de mestrado (TFM), impulsados polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago, buscan fomentar entre o alumnado a cultura da calidade ligada ao uso do galego.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    04 de novembro de 2019

    Colectivos de profesorado procedentes de toda Francia manifestaranse en París o vindeiro 30 de novembro para demandar o ensino das linguas rexionais francesas.

    Fonte: Jornalet

    04 de novembro de 2019

    O ministro das Zonas de Fala Irlandesa ou Gaeltacht da República de Irlanda, Seán Kyne, anunciou unha campaña que garantirá que máis produtos e servizos de novas tecnoloxías estean dispoñibles en gaélico.

    Fonte: Midwest Radio

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder