Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    04 de novembro de 2019

    O Instituto Mallorquino de Ciencias do Espazo puxo en marcha o proxecto Astrollengua, unha iniciativa destinada ao alumnado de Secundaria co obxectivo de que coñeza termos científicos correctos en catalán ao tempo que adquire coñecementos sobre astronomía.

    Fonte: Última Hora

    04 de novembro de 2019

    O Consello Asesor da Lingua, un órgano de carácter municipal creado en Xixón, celebrou a súa primeira reunión na que se acordou a  creación dunha comisión executiva para avaliar o plan de normalización lingüística do asturiano e deseñar actividades para desenvolver o vindeiro ano.

    Fonte: El Comercio

    04 de novembro de 2019

    Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística, entre as formas só galegas Antía e Uxía foron os máis elixidos para as nenas e Brais e Antón, para os nenos. Figuran entre os cincuenta nomes máis usados Roi, Xoel, Xián, André e Breixo, así como Sabela, Xiana e Lúa.

    Fonte: Sermos Galiza

    04 de novembro de 2019

    Mazaricos, Manzaneda e Ribadavia acollen as tres primeiras charlas da nova edición do programa de divulgación da toponimia “Toponimízate. Coñece os nomes da túa terra”.

    04 de novembro de 2019

    A Consellería de Política Social ofrece dous cursos de lingua de signos para persoas voluntarias e, desta maneira, promover a inclusión das persoas xordo-cegas e xordas. Estas formacións contarán cunha modalidade en liña e outra presencial, que terá lugar no centro coordinador de información e documentación xuvenil de Santiago de Compostela.

    Fonte: Xunta de Galicia

    01 de novembro de 2019

    O Concello de Xixón e a Academia da Lingua Asturiana mantiveron unha reunión na que se comprometeron a colaborar no impulso de medidas que favorezan a dignificación social do asturiano na cidade.

    Fonte: La Voz de Asturias

    01 de novembro de 2019

    A campaña ‘Som 10 milions, som una llengua’ ten como obxectivo acabar cos intentos de fragmentación que está a sufrir o catalán, unha lingua que falan máis de 10 millóns de persoas en Andorra, España, Francia e Italia.

    Fonte: Plataforma per la Llengua

    01 de novembro de 2019

    O Manual de recursos en lingua galega para actos funerarios está pensado para que as empresas deste sector ofrezan os seus servizos en galego e facilitarlles o uso correcto e normativo do idioma.

    Fonte: Concello de Santiago de Compostela

    01 de novembro de 2019

    O Goberno de Letonia anunciou que reducirá os requisitos de coñecemento da lingua letoa para as persoas responsables de conducir os trens de pasaxeiros. Até agora o nivel C era esixido para este fin.

    Fonte: LSM

    01 de novembro de 2019

    O ministro de Educación do Gran Ducado de Luxemburgo, Claude Meisch, anunciou que en breve se presentarán as novas normas ortográficas da lingua luxemburguesa co fin de clarificar a lingua e adaptala ás tendencias máis actuais.

    Fonte: Delano

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder