A Universidade de Santiago de Compostela acollerá unha nova edición das xornadas de divulgación en lingua galega “Habelas, hainas”, un acto no que, entre outros aspectos relacionados co ámbito matemático, haberá unha intervención sobre a utilidade dos tradutores automáticos no eido das matemáticas.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Parlamento de Estonia votou a favor de que o Goberno do país báltico aprobe unha lei que garanta a promoción da lingua estoniana no sistema educativo en detrimento do ruso.
Fonte: ERR
Nace en Luxemburgo Antena Mais, unha radio de difusión electrónica en lingua portuguesa. A emisora está pensada para a comunidade portuguesa do país e privilexiará a música en portugués.
Fonte: RevistaPORT
Once concellos galegos acollen ata o domingo outras tantas actividades impulsadas pola Xunta de Galicia no marco do programa de dinamización lingüística FalaRedes e da campaña Nós contra a violencia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, visitou, con motivo do Día da Biblioteca, os CEIP Xaquín Loriga de Lalín e Plurilingüe de Oca da Estrada, para coñecer de primeira man o traballo de promoción do uso do galego que os seus equipos de dinamización da lingua están realizando desde as bibliotecas escolares.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director da Agadic, Jacobo Sutil, fixeron entrega do premio incluído no sorteo da actividade “O galego crea ambiente”, unha campaña de verán dirixida á mocidade no marco dos festivais adheridos á iniciativa Fest Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Esta norma UNE, do ano 2008, fai referencia ao vocabulario empregado na industria gráfica e inclúe 82 novos termos que xa se atopan normalizados polo Consello Supervisor do TERMCAT.
Fonte: Generalitat de Catalunya
“Usa a lingua” é o título desta iniciativa, posta en marcha por un grupo de estudantes, para reivindicar o uso do galego e animar o alumnado da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación a falalo. Para iso, organizan unha xornada lúdica na que, entre outras actividades, haberá un concerto de rap a cargo do grupo Ezetaerre.
Fonte: Universidade de Vigo
Desde o departamento dedicado á política lingüística no arquipélago están a traballar para poñer en marcha actuacións para impulsar o emprego do catalán nos sectores onde menos se fala, entre eles nos espazos de lecer da mocidade.
Fonte: 20 minutos
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu en Santiago ao relatorio de Ameto Mítico, unha acción da Fundación Uxío Novoneyra incluída no programa O teu Xacobeo da Xunta.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín


