O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu, na Casa da Cultura de Brión, á presentación dunha nova publicación do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH). Trátase do ensaio Roberto Vidal Bolaño. Unha poética teatral xenuinamente galega, da autoría do profesor, investigador e colaborador do CRPIH Manuel Quintáns Suárez.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Ambas as institucións asinaron un convenio marco de colaboración, de catro anos de duración, polo que neste exercicio se destinarán 80 000 euros a promover o emprego do éuscaro na capital arabesa a través de diferentes iniciativas.
Fonte: Gasteiz Hoy
Segundo a tese realizada por Xurxo Fernández Carballido, a presenza do portugués no sistema educativo galego é deficitaria, principalmente en Primaria, Secundaria, Bacharelato e FP. Si está presente nas tres universidades e na maioría das escolas oficiais de idiomas.
Fonte: Galicia Confidencial
O Goberno comunicou que a decisión actual pasa por impulsar unha nova normativa que garanta a seguridade xurídica e solucione o baleiro legal sobre o decreto de 2017.
Fonte: El Correo
Esta campaña, cuxo lema é “O galego ten razóns. E ti, que razón tes?”, busca fomentar o uso desta lingua entre o alumnado novo que chega á Facultade de Bioloxía e que este reflexione sobre as súas motivacións para manterse en galego ou incorporalo á súa práctica lingüística.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Unha familia da Bretaña que quería empregar o nome bretón Fañch para o seu fillo gañou a batalla nos tribunais despois de que un xulgado de Rennes decretase que pode ser inscrito con este nome. Inicialmente as oficinas públicas de Francia rexeitaran esta grafía porque non era recoñecida pola lingua francesa.
Fonte: Le Parisien
Os Premios San Martiño de Normalización Lingüística, que convoca desde 1991 a Asociación Cultural O Brado da Estrada, chega á súa 29ª edición na que se premiarán polo seu labor de difusión do galego a atleta Ana Peleteiro, o Museo do Pobo Galego e a Asociación Cultural Tamparrantán.
Fonte: Cultura Galega
A Comisión de Terminoloxía do Goberno de Acerbaixán aprobou unha polémica lei que prohibe ás familias escoller nomes rusos para a súa descendencia.
Fonte: Eurasianet
Dá comezo a XIX Semana da Lingua Italiana no mundo, unha iniciativa do Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación Internacional de Italia e a Accademia della Crusca. O tema desta edición é "O italiano no escenario".
Fonte: Liberiamo
O número de persoas que aprenden a lingua galesa rexistrou un forte incremento en dúas aplicacións de ensino en liña: Duolingo e Say Something in Welsh. Na primeira o incremento foi dun 34 % respecto ao mesmo período do ano pasado.
Fonte: BBC
Boletín
Subscríbase ao boletín



