Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    14 de novembro de 2019

    O Teatro Principal estradense acolleu a entrega da XXIX edición dos Premios San Martiño de Normalización Lingüística, uns galardóns outorgados polo Padroado dos Premios San Martiño que destacan o labor que diversas persoas e colectivos realizan a prol da difusión e promoción da lingua galega.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    14 de novembro de 2019

    O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, acompañado polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no Pazo de San Roque na presentación da tradución do polaco ao galego do libro As aventuras de Mikolaj Doświadczyński, de Ignacy Krasicki.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    14 de novembro de 2019

    O Consello Audiovisual de Cataluña solicitou incluír na directiva audiovisual europea novas medidas que impliquen máis producións en catalán nos catálogos das plataformas de vídeo baixo demanda, como Netflix ou HBO. 

    Fonte: La Vanguardia
     

    14 de novembro de 2019

    Pimec e o Consorcio para a Normalización Lingüística continuarán colaborando no fomento do emprego da lingua catalá no ámbito empresarial e promovendo o seu uso entre pemes e autónomos. 

    Fonte: La Vanguardia

    14 de novembro de 2019

    A peza teatral de dinamización lingüística Rosa caramelo e outras historias prosegue a súa xira no programa FalaRedes 2019 da Xunta de Galicia por 15 localidades da Rede de Dinamización Lingüística.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    14 de novembro de 2019

    A Estrada acolleu a entrega dos Premios San Martiño de Normalización Lingüística que outorga a asociación cultural O Brado. Nesta ocasión os galardoados foron a agrupación Tamparrantán, a atleta Ana Peleteiro e o Museo do Pobo Galego.

    Fonte: Faro de Vigo

    13 de novembro de 2019

    O goberno da cidade de Talín, capital de Estonia, non acepta para as escolas infantís locais a lei sobre a unificación lingüística a favor do estoniano que aprobou o executivo central.

    Fonte: ERR 

    13 de novembro de 2019

    A Asociación de Tradutores/as e Intérpretes de Lingua de Signos Portuguesa (ATILGP, polas súas siglas en portugués) alertou de que Portugal precisa máis profesionais neste ámbito co fin de garantir o acceso á información por parte das persoas xordas.

    Fonte: País ao Minuto

    13 de novembro de 2019

    O Concello de Pontevedra organiza obradoiros didácticos e charlas sociolingüísticas co obxectivo de reforzar o traballo de promoción do galego que o persoal docente realiza nas aulas.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    13 de novembro de 2019

    A programación desta iniciativa impulsada polo Concello de Vigo inclúe contos, música e actividades formativas, que se desenvolverán entre o 25 de novembro e o 4 de xaneiro. Trátase dun proxecto deseñado para fomentar a transmisión do galego no ámbito familiar dirixido a bebés e ás súas familias.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder