Un preso do cárcere belga de Saint-Gilles presentou unha queixa pola imposibilidade de facerse entender en neerlandés. O recluso recibiu xa varias amoestacións por non seguir as instrucións dos gardas.
Fonte: The Brussels Times
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Un preso do cárcere belga de Saint-Gilles presentou unha queixa pola imposibilidade de facerse entender en neerlandés. O recluso recibiu xa varias amoestacións por non seguir as instrucións dos gardas.
Fonte: The Brussels Times
O que arde converteuse no filme rodado en galego máis visto nas salas comerciais en toda a historia, un récord que ata agora tiña Sempre Xonxa, con 62 203 espectadores, fronte á película de Oliver Laxe que acaba de superar os 62 500 y que ademais se sitúa entre as 25 producións do Estado máis vistas no que levamos de 2019.
Fonte: Praza Pública
A Asociación Álvaro das Casas deu a coñecer os galardoados dos Premios Bacelos de Prata, que recoñecen o labor de empresas que apostan polo uso do galego na etiquetaxe dos seus produtos. Nesta edición resultaron premiadas a adega Solaina Minei (Castrelo de Miño) e Queixerías Bama (Touro).
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Decreto sobre a normalización do uso institucional e administrativo das dúas linguas oficiais nas institucións locais de Euskadi recoñece e reforza a autonomía municipal para decidir, mediante ordenanza, regulamento ou plan, as directrices e os criterios de utilización, oral e escrita, de éuscaro e castelán.
Fonte: Naiz
O novo programa de TV-3 El llenguado estará centrado na lingua pero con moitos toques de humor. Nel falarase sobre o catalán dunha forma distendida e pouco académica, combinando a divulgación e o entretemento.
Fonte: El Periódico
A partir da primavera, Washington, capital dos EUA, albergará Word Planet, un museo interactivo dedicado á historia e a influencia das linguas e a comunicación.
Fonte: The GW Hatchet
O Ministerio de Cultura do Perú informou de que no ano 2020 o país andino contará con 500 intérpretes e tradutores de linguas indíxenas acreditados para traballar en institucións públicas.
Fonte: La República
O informe Eurydice analiza a ensinanza das linguas cooficiais, rexionais e minoritarias nas administracións educativas. En concreto, fálase da situación, na educación infantil e primaria, de galego, catalán, éuscaro, valenciano e aragonés.
Fonte: Lenguas de Aragón
Os municipios valencianos de L’Horta traballan en conxunto para traducir a interface de Sedipualb@, o software da Deputación de Albacete, á lingua valenciana ante as esixencias da Lei 39/2015, que dispón que todos os concellos de España deben implantar a administración electrónica para o ano 2020.
Fonte: Levante EMV
O número de alumnos do Bierzo e Sanabria que estudan galego vén de incrementarse por terceiro ano consecutivo. Concretamente, 34 alumnos incorporáronse no ano académico en curso ao Programa de promoción da lingua galega no Bierzo e en Sanabria.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Subscríbase ao boletín