Os nenos e nenas do Consello Local da Infancia e a Adolescencia demandan nun pleno extraordinario o apoio do Concello para levar a cabo a campaña "O galego rebélase".
Fonte: Sermos Galiza
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Os nenos e nenas do Consello Local da Infancia e a Adolescencia demandan nun pleno extraordinario o apoio do Concello para levar a cabo a campaña "O galego rebélase".
Fonte: Sermos Galiza
O IES Rosalía de Castro, Arraianos Producións e Ponte... nas ondas! convocan a segunda edición do Certame de Podcast en Galego Xosé Mosquera Pérez, unha iniciativa destinada a alumnado de sexto de primaria e de educación secundaria de Galicia, así como de fóra que impartan ensinanzas de galego de réxime xeral.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A ARLeF (Axencia Rexional da Lingua Friulana), en colaboración co Centro de Lingüística Aplicada "Agnul Pitane", creou o Gran Dicionario Bilingüe Italiano-Friulano (GDBTF), unha importante ferramenta para o ensino e a aprendizaxe deste idioma falado no norte de Italia.
Fonte: Udine Today
O lingüista Giuseppe Antonelli lanzou unha petición en liña secundada por máis de 2500 persoas para demandar ao Ministerio de Cultura de Italia que cree un Museo da Lingua Italiana.
Fonte: Fanpage
Unha escola de nenos e nenas da Illa de Jersey, no Canal da Mancha, ofrece a partir de agora clases de lingua e cultura romanesas
Fonte: ITV
A campaña de divulgación da toponimia "Toponimízate. Coñece os nomes da túa terra" chegará entre os meses de novembro e decembro a 16 localidades da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A campaña de divulgación da toponimia "Toponimízate. Coñece os nomes da túa terra" chegará entre os meses de novembro e decembro a 16 localidades da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A segunda edición de Euskaraldia, o programa de promoción do uso do éuscaro, terá lugar entre o 20 de novembro e o 4 de decembro de 2020, 15 días máis que a primeira.
Fonte: 20 minutos
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu ao recital de poesía galega e bretoa e, ao tempo, acto de presentación dos volumes Canto e contracanto. Antoloxía de poetas de Bretaña e Barzhaz Bihan Galiza. Mostra de poesía galega que se celebrou no auditorio do Pazo de San Roque.
A Comisión de Seguimento do Protocolo de colaboración en materia de política lingüística, no que participan os gobernos de Euskadi, Galicia, Cataluña, Navarra, Illas Baleares e Comunidade Valenciana, celebrou a súa reunión ordinaria anual para abordar diferentes temas de interese para as políticas lingüísticas das súas respectivas comunidades e deseñar e coordinar accións conxuntas de promoción das súas linguas propias.
Subscríbase ao boletín