Xesús Alonso Montero, Soledad Penalta, Monicreques de Kukas, Amancio Prada, a serie de televisión O sabor das margaridas, Pilar Ponte Patiño, a restauración do Pórtico da Gloria e o programa "Galego en Londres" son os galardoados dos Premios da Cultura Galega 2019. Os premiados foron distinguidos nas modalidades de Letras, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua, Patrimonio Cultural e Proxección Exterior, respectivamente, por un xurado que estivo presidido polo conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O servizo de normalización reforzará a coordinación á hora de realizar proxectos e optimizar recursos, especialmente no referido á elaboración e difusión de campañas e cursos para adultos.
Fonte: La Voz de Asturias
Segundo un estudo de política lingüística, o 88,9 % das persoas consumidoras de Cataluña quere que os asistentes de voz inclúan o catalán na súa oferta, o que supón un mercado potencial de más de cinco millóns de persoas.
Fonte: La Vanguardia
O xurado dos Premios da Cultura Galega deu a coñecer as persoas galardoadas nesta edición de 2019, entre as que figura, na categoría de Lingua, Pilar Ponte Patiño, profesora do IES da Pobra do Caramiñal e promotora do proxecto “21 días co galego”.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a comisaria do Xacobeo 21, Cecilia Pereira, participaron na presentación da nova obra de María Canosa A peregrina gastrónoma. Unha guía do Camiño Inglés.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, fixo entrega do XVII Premio de Poesía Afundación a Miguel Sande pola súa obra Os filósofos xa non brindan con cicuta.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, compartiu con Francisco J. Rabuñal, decano do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, a mesa inaugural da XIII Xornada Xustiza e Lingua, que se celebrou no salón de actos do dito Colexio de Avogados.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Aproveitando a visita oficial a Corea do Sur, o primeiro ministro de Singapur, Lee Hsien Loong, anunciou que o goberno do seu país está interesado en introducir o ensino do coreano nas escolas públicas.
Fonte: The Straits Times
O Goberno balear presentou o anteproxecto da que será a primeira Lei de educación do arquipélago, na que o punto que suscita maiores discrepancias é o relativo á presenza do catalán nas escolas.
Fonte: Diario de Mallorca
Así o declarou o director xeral de Política Lingüística, quen argumentou que todos os centros educativos recibirán novos materiais didácticos con este propósito, dentro dos programas educativos Aragón Natural e Aragón 3L. Ademais, tamén destacou que se impulsará a Academia Aragonesa da Lingua.
Fonte: La Vanguardia
Boletín
Subscríbase ao boletín




