Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    04 de setembro de 2019

    Como produto de mercadotecnia, a publicidade pode servir para sinalar a evolución social da lingua e de novos movementos culturais que en moitas ocasións se adiantan a cambios lexislativos. 

    Fonte: La Voz de Asturias

    04 de setembro de 2019

    O premio Xela Arias, que convoca a  Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación (AGPTI), ten como obxectivo recoñecer o labor de empresas, entidades ou persoas que traballan pola promoción da tradución ou interpretación cara ou desde o galego.

    Fonte: Sermos Galiza

    04 de setembro de 2019

    O Concello de Vitoria-Gasteiz puxo en marcha a campaña Ikasi eta erabili euskara. Merezi du! para anunciar as diferentes ofertas, axudas e actividades para aprender éuscaro. O prazo para inscribirse nos 85 grupos de aprendizaxe ofertados xa está aberto.

    Fonte: Gasteiz Hoy

    04 de setembro de 2019

    Segundo os resultados da Enquisa de usos lingüísticos da poboación de 2018, elaborada pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Generalitat de Cataluña, un 83 % da poboación entende aranés, un 73% saber ler nesta lingua e un 45% sábea escribir.

    Fonte: Ara.cat

    04 de setembro de 2019

    O filme O que arde do director galego Óliver Laxe estreouse nos cinemas franceses nun total de 54 salas e proxectarase en versión orixinal galega con subtítulos. O que arde obtivo o Premio do Xurado da Sección Oficial do Festival de Cannes e o Premio á Mellor Creación Sonora.

    Fonte: Praza Pública

    04 de setembro de 2019

    A comunidade educativa do centro Virxe do Rocío reclámalle ao Concello de Vigo un cambio na súa denominación, co obxectivo de recuperar o topónimo orixinal do barrio no que está situado, O Resío, modificado nalgún momento por El Rocío.

    Fonte: Praza Pública

    04 de setembro de 2019

    A Plataforma per la Llengua creou trece adhesivos en catalán en formato GIF que se poderán empregar libremente en diferentes redes sociais. O obxectivo da iniciativa é impulsar o uso desta lingua en todos os ámbitos. 

    Fonte: DBalears

    04 de setembro de 2019

    O ensino bilingüe portugués-inglés incrementouse no Brasil ata un 10 % no ano 2018. A crise económica e a importancia do inglés levaron a moitas familias brasileiras a optar por un ensino que potencie o coñecemento lingüístico.

    Fonte: UOL

    04 de setembro de 2019

    A nova oferta de cursos do Consorcio para a Normalización Lingüística daralles prioridade á formación das persoas chegadas recentemente a Cataluña e ás prácticas lingüísticas fóra da aula.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    04 de setembro de 2019

    O Departamento de Educación da República de Irlanda anunciou que nos próximos tres anos cinco novas escolas de inmersión en irlandés abrirán en diferentes zonas de Dublín.

    Fonte: RTÉ

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder