O documental 'Al son de la tsingua' recolle a realidade do patsuezu como símbolo identitario e motor da industria cultural da comarca de Laciana, a través do testemuño da veciñanza e de especialistas.
Fonte: León Noticias
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O documental 'Al son de la tsingua' recolle a realidade do patsuezu como símbolo identitario e motor da industria cultural da comarca de Laciana, a través do testemuño da veciñanza e de especialistas.
Fonte: León Noticias
O ano 2019, no que o Día das Letras Galegas lle foi dedicado ao polígrafo de Cerdedo-Cotobade Antonio Fraguas Fraguas, está tocando ao seu fin. O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH) quere poñerlle o ramo cunha homenaxe no marco da súa colección Cadernos Ramón Piñeiro, que chega ao seu número XXXIX co volume Antonio Fraguas: laboris causa. Trigo limpo candeal.
O proxecto Masakhane pretende desenvolver un sistema de lingüística computacional capaz de crear unha ferramenta que traduza contidos electrónicos do inglés aos máis de 2000 idiomas nativos que se falan en África e viceversa.
Fonte: XATAKA
Este premio recoñece a traxectoria histórica da Academia, así como o seu traballo pola normalización e unificación da lingua vasca. Foi entregado durante o acto do Día do Éuscaro, no que se leu unha declaración institucional e se celebrou a positiva evolución no uso da lingua en Navarra, onde o 13 % da poboación o emprega como lingua principal.
Fonte: El Diario
O Portal das Palabras acaba de abrir o prazo para a presentación de candidatas a converterse en Palabra do Ano, unha iniciativa aberta á cidadanía para que escolla o termo que mellor resuma o acontecido neste 2019.
Fonte: Portal das Palabras
Santiago de Compostela acolleu unha gala na que se deron a coñecer os traballos gañadores da terceira edición de Youtubeir@as, un concurso de creación de vídeos que ten como obxectivo fomentar o uso do galego en Youtube.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O certame aRi[t]mar promovido pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela coa colaboración da Xunta trae o mércores, 4 de decembro, ao Auditorio de Galicia as gañadoras desta edición, que son Tanxugueiras, Os Azeitonas, Susana Aríns, Marta Chaves e Uxía, ademais da actuación Carlos Blanco.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na homenaxe que lle rendeu o Parlamento de Galicia a Celso Emilio Ferreiro no 40 aniversario do pasamento do autor de Longa noite de pedra (Galaxia, 1962).
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, deulles a benvida aos nove bolseiros que, ata decembro de 2021, traballarán nos proxectos do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH), dependente da Xunta de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou en Ourense na ofrenda floral en memoria de Eduardo Blanco Amor no 40 aniversario do seu falecemento.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Subscríbase ao boletín