Varas entidades recolleron nun documento as vulneracións de dereitos lingüísticos sufridas por falantes de valenciano ao longo do ano 2019, un informe que lle entregaron á Generalitat Valenciana.
Fonte: València Extra
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Varas entidades recolleron nun documento as vulneracións de dereitos lingüísticos sufridas por falantes de valenciano ao longo do ano 2019, un informe que lle entregaron á Generalitat Valenciana.
Fonte: València Extra
O Parlamento de Galicia acolleu o acto de entrega dos XXVI Premios de Publicidade en Galego, convocados conxuntamente pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura e Turismo, polo Parlamento Galego e polo Foro Enrique Peinador co obxectivo de impulsar e recoñecer proxectos de promoción do uso do galego desde o ámbito publicitario en cinco categorías: radio, televisión, prensa escrita, internet e centros de formación de profesionais neste sector.
A profesora da Universidade de São Paulo, Safa Jubran, recibiu en Qatar o importante premio de tradución Sheikh Hamad que fomenta o entendemento entre a cultura árabe e o resto do mundo.
Fonte: ESHOJE
A nova serie de HBO América Latina Todxs Nós porá en cuestión diferentes aspectos de xénero e a mesma lingua portuguesa. A comedia dramática, ambientada en São Paulo, durará oito episodios de trinta minutos cada un.
Fonte: Terra
Os orzamentos dedicados ao asturiano pasan de 1 7037 630 euros a 1 904 630, o que supón un incremento de 201 000 €, unha cantidade que representa o 0,04 % do total. As partidas máis importantes son as destinadas á televisión pública, ao novo servizo de normalización lingüística da Universidade de Oviedo e á Academia da Lingua Asturiana.
Fonte: El Comercio
As illas Baleares súmanse á campaña «I tu, jugues en català?» para fomentar o uso e o consumo de xogos e xoguetes en catalán. Para iso, organizan un concurso no que se realizarán preguntas a través da web jocsencatala.cat sobre xogos e costumes locais tradicionais.
Fonte: Setminario Soller
A Mesa pola Normalización Lingüística pídelle á Xunta que facilite a dobraxe ao galego das principais series e filmes que ofertan as plataformas dixitais, para o cal puxo en marcha nas redes unha campaña xunto coa Asociación Profesional de Actores e Actrices da Dobraxe, a Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación e mais a comunidade de Instagram en galego.
Galeguiza-T, un colectivo de estudantes do IES Neira Vilas de Oleiros, puxo en marcha a iniciativa Nova antoloxía da música galega contemporánea, unha lista de Spotify con máis de 200 artistas ou grupos contemporáneos que fan música de diferentes estilos en galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, participou, na sede da Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà, no acto de 33º Aniversario do Certame de Poesía Rosalía de Castro.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A plataforma en liña de aprendizaxe de linguas engadiu o gaélico escocés á súa lista de cursos e en tan só unha semana máis de 20000 persoas xa se inscribiron para aprendelo.
Fonte: The Pie News
Subscríbase ao boletín