Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    11 de decembro de 2019

    O Instituto Politécnico de Macau (IPM) abriu o Centro Internacional Portugués de Formación en Interpretación de Conferencia que se ocupará da capacitación dos e das profesionais da interpretación de conferencia entre o portugués e outras linguas. Este centro reforzará a cooperación entre China e os países lusófonos.

    Fonte: País ao Minuto

    11 de decembro de 2019

    Antzerki Aroa pecha as representacións en éuscaro na cidade de Pamplona coa interpretación dunha obra nacida da improvisación na que se reflexiona sobre a condición do ser humano e a súa maldade.

    Fonte: La Vanguardia

    11 de decembro de 2019

    O Léxico de doenzas minoritarias, elaborado en colaboración co Servizo Catalán da Saúde, recolle máis de 470 conceptos sobre estas enfermidades en catalán, coas súas equivalencias en castelán, inglés e francés.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    11 de decembro de 2019

    Os cambios foron realizados no curso 2016/2017 en cinco escolas infantís (0-3 anos) e supuñan unha reconfiguración da planificación educativa para a que o concello non ten competencia, segundo o auto do Tribunal Superior de Xustiza, pois incumpre o Decreto Foral que obriga a garantir a continuidade no mesmo centro do modelo lingüístico escollido polo alumnado ata o final da súa escolarización.

    Fonte: El Diario

    11 de decembro de 2019

    Ledigal é unha aplicación, desenvolvida polo Instituto da Lingua Galega, que permite coñecer a variación sociolingüística no léxico dispoñible do galego, entendendo por léxico dispoñible o que se presenta na mente dos falantes de xeito inmediato e natural cando se trata de determinado ámbito temático.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    11 de decembro de 2019

    Dende hai semanas o colectivo recibe queixas denunciando este feito, polo que se dirixen ás administracións competentes para esixir o cumprimento dos pactos acadados nos estatutos de autonomía referentes á presenza e defensa do galego nos territorios limítrofes con Galicia. 

    Fonte: Info Bierzo

    11 de decembro de 2019

    O novo certame escolar Senda dos Faros promoverá o valor lingüístico, patrimonial e paisaxístico da costa galega ao longo do máis de medio cento de etapas que o configuran, desde Tapia de Casariego (Asturias) ata Vila Nova de Cerveira (Portugal), para alén das etapas insulares de Ons, Cíes e Sálvora.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    11 de decembro de 2019

    O Congreso do estado mexicano do Iucatán aprobou por unanimidade a introdución do ensino obrigatorio da lingua maia nas escolas. Aproximadamente o 25 % da poboación deste territorio mexicano fala este idioma.

    Fonte: Nationalia

    10 de decembro de 2019

    A Sociedade da Lingua Galesa (Cymdeithas yr Iaith Gymraeg) reclamou ao Goberno do País de Gales que garanta a contratación de máis profesorado capaz de impartir clases en lingua galesa para poder facer realista o obxectivo de conseguir un millón de falantes de galés para 2050.

    Fonte: NationCymru

    10 de decembro de 2019

    O proxecto internacional NexusLinguarum axudará a reducir as barreiras lingüísticas en Europa e favorecerá o comercio electrónico e o intercambio cultural entre países de distinto idioma. Así mesmo, servirá de apoio ás linguas minoritarias cuxo soporte tecnolóxico sexa limitado.

    Fonte: Aragón Digital

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder