Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    20 de setembro de 2019

    O Instituto Portugués de Oriente, con sede en Macau, abrirá unha nova delegación en Pequín e un centro de lingua portuguesa na cidade de Chengdu.

    Fonte: País ao Minuto

    20 de setembro de 2019

    A Asociación Socio-Pedagóxica Galega organiza o XVIII Concurso de Relato Oral “Tíralle da Lingua”, un certame dirixido á comunidade educativa que ten como obxectivo normalizar o uso oral do galego para que se converta en instrumento normal de comunicación e creación de historias.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    20 de setembro de 2019

    O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo ten previstas dúas actividades para os vindeiros meses: unha nova edición do curso “Achégate ao galego!”, dirixido a persoas con poucos coñecementos desta lingua; e o curso de literatura de transmisión oral “Somos herdeiros”, deseñado para difundir o noso patrimonio oral (cantigas, refráns, lendas, contos...).

    Fonte: Vigo en Galego

    20 de setembro de 2019

    O Servizo de Normalización Lingüística abriu o prazo de inscrición da segunda edición do seu curso de habilidades comunicativas, unha actividade que consta de tres módulos, un sobre redacción científica, outro de comunicación oral e un terceiro dedicado á elaboración de presentacións dixitais.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    20 de setembro de 2019

    A Universidade da Cidade de Dublín oferta por primeira vez un grao de educación primaria en lingua de signos irlandesa que será cursado este ano por catro estudantes que se comunican nesta lingua.

    Fonte: DCU

    20 de setembro de 2019

    Co fin de incrementar a presenza do flamengo en Bruxelas, capital bilingüe de Bélxica, a cidade será testemuña ata 2020 dunha suba sen precedentes no número de centros educativos de ensino elemental e secundario que oferta inmersión nesta lingua.

    Fonte: The Brussels Times

    19 de setembro de 2019

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación da nova aplicación móbil en galego Auga de Galicia, no marco da 19º edición de Termatalia, a Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    19 de setembro de 2019

    A Asociación Española de Normalización e o TERMCAT renovaron o convenio que dende 2005 permite que se publiquen en catalán as normas técnicas UNE cos estándares aplicables internacionalmente nos ámbitos industrial, económico e social.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    19 de setembro de 2019

    A Plataforma pola Lingua levará a cabo 18 talleres grupais de rap en catalán con mozos e mozas dun colexio de Mahón coa intención de facer o menorquino atractivo para a realización de actividades de lecer e creativas.

    Fonte: 20minutos

    19 de setembro de 2019

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns (Ames), na inauguración das I Xornadas de Toponimia no Ensino, organizadas pola Xunta de Galicia e polo Concello de Ames coa colaboración da Real Academia Galega (RAG).

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder