Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    18 de decembro de 2019

    Segundo o informe do Consello de Europa, España incumpre os seus compromisos europeos para preservar a riqueza lingüística. Así mesmo, realiza unha serie de recomendacións para que o Goberno español reforce o uso das linguas cooficiais na Administración central e garanta o dereito da cidadanía a utilizalas nos procesos xudiciais.

    Fonte: The World News

    18 de decembro de 2019

    Afastar a lingua dos debates partidistas e impulsar un acordo social e político sobre o éuscaro son os principais compromisos en materia lingüística do Goberno Foral presentados perante o Consello Navarro do Éuscaro, ademais das liñas de acción que se van desenvolver, como a redacción dun segundo plan estratéxico.

    Fonte: Noticias de Navarra

    18 de decembro de 2019

    O Concello de Vigo organiza unha nova edición de “No Nadal… un conto”, un programa de actividades destinado ao público familiar e infantil que busca crear espazos de lecer en galego. A iniciativa, que se desenvolverá entre o 15 de decembro de 2019 e o 4 de xaneiro de 2020 en diferentes lugares da cidade, inclúe obradoiros de ilustración, música e xogos, entre outras actividades.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    18 de decembro de 2019

    O grupo do partido Die Linke (a Esquerda) do Parlamento da República Federal de Alemaña fixo unha petición para que se aclare a situación do ensino da lingua rusa en Alemaña e se fomente a súa incorporación en máis centros educativos.

    Fonte: Elpaís.cr

    18 de decembro de 2019

    A rede pública de radio e televisión do Canadá, CBC, acaba de lanzar o seu primeiro podcast en lingua cree, un idioma aborixe falado por unhas 50 000 persoas en varias provincias canadenses.

    Fonte: CBC

    17 de decembro de 2019

    Desde hai sete anos a Universidade de Valencia traballa por acadar este obxectivo través do seu Servizo de Política Lingüística que, con accións concretas, conseguiu asegurar este curso o 46 % da docencia en valenciano.

    Fonte: Valencia Extra

    17 de decembro de 2019

    O I Premio de Guión en Galego para Longametraxe 2019, que convoca a Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG), xa ten tres finalistas, entre os que se escollerá o gañador que se coñecerá nunha cerimonia o 20 de decembro.

    Fonte: Faro de Vigo

    17 de decembro de 2019

    A plataforma convoca estas manifestacións nas sete principais cidades galegas para demandarlle á Xunta que cumpra as recomendacións do Consello de Europa e derrogue o decreto de plurilingüismo.

    Fonte: Galicia Confidencial

    17 de decembro de 2019

    Unha enquisa do Eustat confirma que uso do éuscaro en Áraba aumenta canto máis descende a idade. Así, o 20 % da mocidade de ata 19 anos fala éuscaro como primeira lingua ou lingua compartida e máis do 80 % defínese como bilingüe.

    Fonte: Gasteiz hoy

    17 de decembro de 2019

    Xa se coñecen as empresas e as entidades galardoadas na XX edición dos Premios Manuel Beiras, que convoca o Concello de Santiago e a Cámara de Comercio. Trátase de Strelia Electrotecnia, Numax e a Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos.

    Fonte: Concello de Santiago de Compostela

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder