A sentenza do Tribunal Supremo obrigaba a realizar cambios na ordenanza sobre o uso do galego de Lugo, despois de desestimar o recurso de casación presentado polo Concello.
Fonte: La Voz de Galicia
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A sentenza do Tribunal Supremo obrigaba a realizar cambios na ordenanza sobre o uso do galego de Lugo, despois de desestimar o recurso de casación presentado polo Concello.
Fonte: La Voz de Galicia
Os doce galardóns foron entregados entre os 31 traballos participantes desta edición nas tres modalidades literarias nas que se divide o concurso: narración breve, poesía e bertso-paperak, con premios de entre 500 e 2500 euros para as mellor valoradas e catro mencións especiais dotadas con 250 euros.
Fonte: Noticias de Navarra
A empresa TICgal lanza en galego Gapp, unha ferramenta indicada para facer seguimento de incidencias TIC. Ata o momento está dispoñible tamén en inglés e castelán, pero xa están case completas as versións en francés, italiano, ruso e portugués.
Fonte: Código Cero
Este manual, Na universidade onde queiras pero coa lingua, contén recomendacións e solucións a dúbidas frecuentes sobre o uso do galego e recolle aspectos non tratados en dous volumes anteriores publicados en 2013 e 2015.
Fonte: Universidade de Vigo
O presidente dos EUA, Donald Trump, asinou unha norma que estenderá as axudas para a preservación das linguas nativas que se falan no país.
Fonte: The Washington Times
Defensores da lingua galesa criticaron a conxelación da partida orzamentaria destinada á promoción do galés no proxecto de orzamentos que presentou o Goberno do País de Gales.
Fonte: Nation Cymru
Jovita Balarezo converteuse na primeira persoa do Perú en presentar unha tese de doutoramento na súa lingua natal, o shipibo. O estudo, que obtivo a cualificación de Cum Laude, defende o desenvolvemento das mulleres indíxenas na Amazonia peruana.
Fonte: El Comercio
A voceira do Bloque Nacionalista Galego en Europa, Ana Miranda, manifestou a súa preocupación sobre a situación da lingua galega nunha pregunta dirixida á Comisión Europea onde insta a garantir o cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias en Galicia.
Fonte: Sermos Galiza
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na rolda de prensa de presentación das novelas finalistas da XV edición do Premio de Novela Europea Camiño de Santiago.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
En 2001 creouse a comisión encargada do proceso de tradución dos textos litúrxicos ao valenciano e actualmente o 90 % destes foi xa traducido, incluíndo o misal romano. Porén, o proxecto mantense bloqueado e os documentos que conteñen oracións, rituais e misas só están publicados na web da AVL.
Fonte: Levante
Subscríbase ao boletín