Esta campaña, que se leva facendo desde hai seis anos, busca promover o uso do éuscaro na zona media e sur de Navarra e reforzar contornos como as ikastolas e os euskaltegis.
Fonte: Noticias de Navarra
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Esta campaña, que se leva facendo desde hai seis anos, busca promover o uso do éuscaro na zona media e sur de Navarra e reforzar contornos como as ikastolas e os euskaltegis.
Fonte: Noticias de Navarra
Esta iniciativa ten como obxectivo promover o éuscaro a través da música e está articulada co resto de actividades culturais do concello, que buscan achegar estes proxectos a persoas de todas as idades.
Fonte: En Barakaldo
O catálogo presentado para este curso académico inclúe diversos proxectos para fomentar a integración lingüística, entre os que se atopan os talleres de rap en catalán, cursos de teatro, exposicións ou rutas culturais.
Fonte: Mallorca Confidencial
Esta proposta suporía que as persoas aspirantes á docencia deberían acreditar o nivel C1 de valenciano e ten como obxectivo actualizar a normativa, vixente dende hai 36 anos, e adaptar o seu contido á realidade multilingüe da comunidade.
Fonte: El Periòdic
Un estudo realizado en Southampton, no Reino Unido, revelou que o alumnado de primaria que ten outra lingua materna diferente ao inglés tivo mellores resultados nos exames de comprensión lectora que o alumnado que só ten o inglés como primeiro idioma.
Fonte: Daily Echo
O Fórum para a Cooperación Económica e Comercial entre China e os Países de Lingua Portuguesa ou Fórum de Macau organiza a undécima edición da Semana Cultural que este ano está dedicada aos países de lingua portuguesa.
Fonte: Expresso das Ilhas
A Real Academia Galega acaba de crear unha nova páxina web na que se poden consultar publicacións editadas por esta institución dende o ano 1906. Trátate dun espazo que contén máis de 350 volumes, 200 dos cales están dispoñibles para descarga gratuíta.
O grupo docente Galiza Visual pon en marcha a iniciativa 'Outubro de tinta', inspirada na idea de Inktober (que desafía a debuxantes a crear imaxes baseadas en palabras en inglés), para fomentar o galego e unha alternativa educativa.
Por segundo ano consecutivo, o Concello de Ames pon en marcha o Premio Lingua e Empresa que ten como obxectivo recoñecer o uso e o fomento da lingua galega na actividade empresarial amesá.
Fonte: Concello de Ames
A cooficialidade do asturiano será obxecto de debate no Centro de Servizos Universitarios de Avilés, onde a Sociedade de Amigos do País organiza unha mesa redonda sobre este tema na que participarán persoas de diferentes ámbitos.
Fonte: La Nueva España
Subscríbase ao boletín