Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    21 de outubro de 2019

    Centos de persoas reivindicaron, cunha concentración ante o Palacio de Navarra, o seu desacordo coas sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza que anulan varios dos artigos que regulan o uso do éuscaro nas administracións públicas por consideraren que limitan os dereitos lingüísticos da cidadanía. 

    Fonte: Navarra Información

    21 de outubro de 2019

    A trixésima edición da Semana do Cine Fantástico e de Terror de Donostia proxectará como mínimo un filme en éuscaro cada día para diferentes públicos, dun total de quince películas que se reproducirán nesta lingua durante todo o festival.

    Fonte: Donostia Euskaraz

    21 de outubro de 2019

    #SenCancelas é un proxecto de intervención socioeducativa, que se levará a cabo nos meses de outono a través de obradoiros en diferentes centros socioculturais composteláns e que ten como obxectivo crear espazos de socialización en galego nos que rapazas e rapaces de 14 a 17 anos poden desenvolver a súa creatividade e habilidades persoais.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    21 de outubro de 2019

    A Consellería de Cultura e Turismo renovará ata 2022 o seu acordo de colaboración coas universidades de Alacant, Berlín e Leipzig para promover a lingua, a literatura e a cultura galegas nestas tres institucións.

    Fonte: Galicia en el Mundo

    21 de outubro de 2019

    Alumnado de enxeñaría electrónica da Universidade Nacional de Asunción, en Paraguai, deseñou un robot, chamado Kachibot, que é capaz de ensinar guaraní nun nivel inicial.

    Fonte: La Nación

    18 de outubro de 2019

    A proposición de lei presentada no Parlamento da Comunidade Foral, rexeitada pola maioría da Cámara, pretendía derrogar o Decreto foral 103/2017, de 15 novembro, que regula o uso do éuscaro nas Administracións Públicas de Navarra, os seus organismos autónomos e entidades de dereito público dependentes.

    Fonte: Pamplona Actual

    18 de outubro de 2019

    O presidente do municipio de Bragança (Portugal) confirmou que as obras do Museo da Lingua Portuguesa comezarán a partir do mes de novembro despois de 10 anos de espera.

    Fonte: Mundo Lusíada

    18 de outubro de 2019

    Segundo informan Euskal Wikilarien Kultur Elkartea e Elhuyar, o éuscaro atópase na base de datos colaborativa de Wikidata no sexto lugar pola cifra de lexemas publicados; no segundo, polo número de formas das palabras; e no primeiro, polo número de significados.

    Fonte: Deia

    18 de outubro de 2019

    A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco) aprobou na reunión do seu consello executivo en París que o 5 de maio sexa declarado o Día Mundial da Lingua Portuguesa. É a primeira vez que esta institución toma esta decisión sobre unha lingua que non está entre os seus idiomas oficiais.

    Fonte: O Jornal Económico

     

    18 de outubro de 2019

    O 24 de outubro chega ás librerías de Galicia Astérix: A filla de Vercinxetórix, o novo álbum do heroe galo, que publica en galego Edicións Xerais e que por vez primeira estará protagonizado por unha adolescente.

    Fonte: Praza Pública

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder