Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    23 de outubro de 2019

    A Comisión de Terminoloxía do Goberno de Acerbaixán aprobou unha polémica lei que prohibe ás familias escoller nomes rusos para a súa descendencia.

    Fonte: Eurasianet

    22 de outubro de 2019

    Dá comezo a XIX Semana da Lingua Italiana no mundo, unha iniciativa do Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación Internacional de Italia e a Accademia della Crusca. O tema desta edición é "O italiano no escenario".

    Fonte: Liberiamo

    22 de outubro de 2019

    O número de persoas que aprenden a lingua galesa rexistrou un forte incremento en dúas aplicacións de ensino en liña: Duolingo e Say Something in Welsh. Na primeira o incremento foi dun 34 % respecto ao mesmo período do ano pasado.

    Fonte: BBC

    22 de outubro de 2019

    A Xunta de Galicia fixo públicas, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 4 e 2.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    22 de outubro de 2019

    FILMETS Badalona, o festival de cuartas de ficción, animación, documentais e efectos visuais, contará con 111 curtametraxes en versión orixinal subtitulada ao catalán e 10 orixinais nesta lingua. 

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    22 de outubro de 2019

    A Universidade do País Vasco fará entrega deste galardón á Academia da Lingua Vasca como recoñecemento do seu traballo a prol da normalización do éuscaro na docencia, na investigación e na divulgación científica.

    Fonte: 20 minutos

    22 de outubro de 2019

    A mostra "Antonio Fraguas, memoria dun soño. Viaxe a unha Galicia orgullosa de si mesma", promovida pola Consellería de Cultura e Turismo no marco da programación institucional Letras Galegas 2019, exhíbese ata finais de mes no Pazo de Trasalba.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    22 de outubro de 2019

    A Facultade de Veterinaria, xunto co Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela, puxo en marcha unha campaña de promoción do uso do galego entre o alumnado deste centro do campus de Lugo. Esta iniciativa débese á singularidade desta facultade, xa que máis do 70 % dos novos estudantes que acceden a ela procede de fóra de Galicia ou non ten o galego como lingua habitual.

    22 de outubro de 2019

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, recibiu 18 profesores de gaélico, acompañados de dous monitores e de persoal do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), chegados desde Escocia para coñecer de primeira man a situación do galego na sociedade.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    21 de outubro de 2019

    Un proxecto de cooperación entre Francia e Portugal en materia de educación para cursar portugués como lingua de especialidade no último ano do bacharelato francés recibe máis de 100 apoios en institutos de Francia e a Güiana Francesa.

    Fonte: País ao Minuto

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder