En total repartiranse en bares e restaurantes de Onda 36 000 manteis individuais biodegradables para fomentar o emprego do valenciano entre turistas e visitantes.
Fonte: La Vanguardia
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
En total repartiranse en bares e restaurantes de Onda 36 000 manteis individuais biodegradables para fomentar o emprego do valenciano entre turistas e visitantes.
Fonte: La Vanguardia
Portugal aproveitará a Feira do Libro de Frankfurt para presentar un programa dirixido a editoriais alemás para que publiquen obras de autores e autoras de lingua portuguesa en Alemaña.
Fonte: RTP Notícias
Un estudo elaborado pola Universidade de Delaware (EUA) revelou que os nenos e nenas que len en español antes de chegar á escola infantil desenvolven máis facilmente as destrezas de lectura en inglés.
Fonte: Science Daily
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na apertura do Simposio Internacional Neos 2019 «De neofalante potencial a falante activa dunha lingua minorizada», que organiza o grupo de investigación da Universidade de Vigo GRADES (Gramática, discurso e sociedade) no marco do proxecto de investigación NEOS.
O FalaRedes, programa de dinamización lingüística da Consellería de Cultura e Turismo en entidades adscritas á Rede de Dinamización Lingüística (RDL), leva as súas actividades aos concellos coruñeses de Ordes e Laxe e ao lucense de Triacastela durante a fin de semana.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Esta entidade porá a disposición da comunidade educativa da Universidade de Valencia unha caixa para que inclúan suxestións e propostas de mellora sobre o valenciano, co obxectivo de asegurar o respecto aos dereitos lingüísticos de toda a comunidade universitaria.
Fonte: València Extra
O Concello de Narón, no marco do proxecto Apego, organiza varias actividades que teñen como obxectivo a socialización dos nenos e as nenas en lingua galega.
Fonte: La Voz de Galicia
Este proxecto do Goberno Vasco ten capacidade para traducir, a partir da intelixencia artificial, textos de ata 4000 caracteres con gran calidade e permite dispor dunha base terminolóxica e lingüística comparable á das linguas máis usadas do mundo.
Fonte: La Vanguardia
O lingüista e tradutor Marco Neves, profesor na Universidade Nova de Lisboa, foi entrevistado polo xornalista portugués Fernando Alves no programa de difusión electrónica "A Rede Social" sobre o asunto das similitudes entre o galego e o portugués.
Fonte: TSF
A asociación de apoio ao gaélico escocés Bòrd na Gàidhlig lanzou unha campaña con motivo da Festa Nacional da Literatura e a Lingua Gaélicas en Escocia para promocionar o uso do gaélico entre os falantes e persoas que aprenden o idioma.
Fonte: The Press and Journal
Subscríbase ao boletín