Fondo Xacobeo 2021
Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021 - Segunda convocatoria
No marco do Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da Covid-19, a Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca unha nova edición do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021 (Fondo X21).
Esta nova convocatoria persegue os seguintes obxectivos:
- Incrementar os contidos creativos de interese cultural e lingüístico do Fondo creado o pasado ano
- Dinamizar a lingua propia de Galicia
- Proporcionarlles apoio e visibilidade inmediata ás empresas, cooperativas, entidades culturais e profesionais da cultura e da creación artística da Comunidade Autónoma de Galicia.
AVISO IMPORTANTE SOBRE OS PRAZOS:
>> Entrega das probas previas dos produtos dixitais: ampliación do prazo ata o 15 de outubro
>> Entrega definitiva dos produtos materiais ou dixitais e da xustificación da execución dos servizos: 15 de decembro.
Á vista da dinámica de chegada de probas e das necesidades manifestadas por algunhas persoas adxudicatarias nas correspondentes solicitudes de prórroga, con carácter excepcional, amplíase o prazo de entrega para todas as persoas interesadas ata o 15 de outubro, sen que sexa posible ningunha outra ampliación, agás naqueles casos xustificados nos que se acrediten «causas de forza maior» debidamente comunicadas mediante o envío dunha solicitude ao enderezo electrónico info-fondox21@xunta.gal
Cómpre recordarlles ás persoas adxudicatarias que a revisión técnica do produto ofertado, se é satisfactoria, garante a calidade do proxecto e a súa adaptación ás condicións ofertadas na memoria técnica inicial presentada. Por tal motivo, é tamén unha fase fundamental para garantir a viabilidade do pagamento do proxecto contratado e, xa que logo, o incumprimento de presentar, no prazo outorgado, a proba previa esixida motiva, con carácter xeral, a resolución do contrato.
En ningún caso, a devandita ampliación do prazo outorgado para presentar a proba previa ata o 15 de outubro modifica as obrigas asumidas polas persoas adxudicatarias respecto da entrega definitiva dos proxectos, que será, con carácter improrrogable, ata o 15 de decembro, por tratarse de contratos menores cuxa execución e pagamento deben realizarse dentro do ano natural.
Nos proxectos materiais de nova creación, recoméndase, así mesmo, que as persoas adxudicatarias, antes de realizaren a impresión definitiva do produto ou produtos contratados ou a súa produción definitiva, envíen no mesmo prazo e como máximo ata o 15 de outubro a proba de imprenta ou unha mostra del/deles en formato dixital (PDF) ao enderezo electrónico info-fondox21@xunta.gal para comprobar que a súa calidade lingüística se corresponde coas obrigas asumidas na contratación e, así mesmo, revisar a colocación de logotipos institucionais e demais requisitos de imaxe corporativa do Fondo Xacobeo 2021-2022.
Guía para as persoas adxudicatarias
Elementos de imaxe corporativa e logos dos produtos do Fondo X21-22
Xustificación dos proxectos presenciais: modelos dos anexos A e B das resolucións de adxudicación en formato editable .odt que deberán cubrir e asinar dixitalmente para presentar na fase de xustificación.
- Anexo A - ficha con datos da execución
- Anexo B - modelo de certificado da realización do servizo
CUARTA RESOLUCIÓN
- Cuarta e última resolución administrativa de proxectos da Segunda Convocatoria do Fondo Xacobeo 2021
- Anexos
TERCEIRA RESOLUCIÓN
- Terceira resolución administrativa de proxectos da Segunda Convocatoria do Fondo Xacobeo 2021
- Anexos
SEGUNDA RESOLUCIÓN
PRIMEIRA RESOLUCIÓN DA SELECCIÓN DE PROXECTOS
- Resolución de proxectos seleccionados, excluídos e rexeitados da segunda convocatoria do Fondo Xacobeo 2021
- Proxectos seleccionados, excluídos e rexeitados: Anexo I, II, III e IV da resolución
- Resolución pola que se aproba a lista de agarda dos proxectos da segunda convocatoria do Fondo Xacobeo 2021
- Anexo: Proxectos da lista de agarda
Bases da 2ª convocatoria do Fondo de Proxectos Culturais en Lingua Galega Xacobeo 2021
Protocolo de actuación para obxectivar os criterios de selección de proxectos
MÁIS INFORMACIÓN:
Teléfono: 687 041 884
Correo electrónico: info-fondox21@xunta.gal
Boletín
Subscríbase ao boletín
