O Goberno brasileiro defende que a lingua portuguesa debe desempeñar un papel estratéxico no desenvolvemento da intelixencia artificial e considera que a Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa (CPLP) debe coordinar esforzos para reforzar a presenza do idioma nos grandes modelos de IA. O obxectivo é aumentar a representación do universo lusófono, impulsar a creación de datos e recursos en portugués e evitar que a lingua quede nunha posición secundaria fronte a idiomas como o inglés ou o chinés.
Fonte: Plataforma Media
Sección:



