A Real Academia Galega incorporou ao seu dicionario a palabra canteirán, -á, proposta polo Real Club Celta de Vigo. A actualización inclúe tamén dúas novas acepcións de canteira relacionadas coa formación de persoas para unha actividade especializada e, especificamente, co conxunto de deportistas que se forman nun mesmo club. Canteirán, -á entra no dicionario como adxectivo e substantivo referido ao deportista formado na canteira do seu club.
Fonte: Real Academia Galega
Sección:



