España

Centros educativos das Baleares comparten as súas experiencias de dinamización lingüística nas aulas

Máis de trinta centros educativos procedentes de diferentes áreas das Illas Baleares celebraron un encontro no que compartir as súas ideas e proxectos para fomentar e dinamizar o uso da lingua catalá nas aulas para ao alumnado de educación infantil, primaria, secundaria e adultos.

Fonte: 20 Minutos

Illas Baleares

Proponse que o alumnado do País Vasco que supere a ESO consiga o nivel B2 de éuscaro

O Parlamento vasco quere formalizar a súa proposta para conseguir que o alumnado que supere a educación secundaria obrigatoria reciba, polo menos, o nivel B2 de lingua vasca, correspondente co segundo dos catro niveis existentes.

Fonte: Deia

País Vasco

Publícase o primeiro tomo do Dicionario Etimolóxico da Lingua Asturiana

O xoves 15 de marzo de 2018 celebrarase a presentación oficial na Universidade de Oviedo do Dicionario Etimolóxico da Lingua Asturiana (DELLA), considerada a obra filolóxica de maior relevancia sobre o asturiano.

Fonte: El Economista

Asturias

Un autobús percorrerá as rúas de Valencia en Fallas para promover o uso do valenciano

A Dirección Xeral de Política Lingüística porá en marcha unha iniciativa de promoción do valenciano durante a semana de Fallas, na que un autobús percorrerá a comunidade para que os concellos e entidades de todo o territorio poidan unirse á campaña.

Fonte: La Vanguardia

Comunidade Valenciana

Organízase un concurso infantil de contos para fomentar o uso do éuscaro nun municipio vasco

O municipio vasco de Gautegiz Arteaga convocará un concurso de contos dirixido a nenos e nenas de entre 7 e 12 anos. O principal obxectivo é fomentar o uso da lingua vasca, ademais de promover a imaxinación e o pensamento creativo entre os participantes.

Fonte: El Correo

País Vasco

A Real Academia Española estuda modificar a definición da palabra "luxo"

O grupo de expertos da Real Academia Española está estudando a posibilidade de modificar a definición da palabra "luxo" por considerar que as acepcións recollidas actualmente no dicionario conteñen unha connotación negativa.

Fonte: Debate

Xeral

O interese por aprender galego medra en Cataluña

Nos últimos tempos, obsérvase en Cataluña un maior interese por aprender lingua galega por parte de descendentes de galegos pero tamén de cataláns con curiosidade por este idioma. Por este motivo, unha cooperativa catalá imparte clases de galego en Barcelona para paliar a falta de oferta para estudalo.

Fonte: Galicia Confidencial

Cataluña

Unha macroenquisa estudará a realidade lingüística de Cataluña

A Dirección Xeral de Política Lingüística e o Instituto de Estatística de Cataluña comezan esta semana un macroestudo de usos lingüísticos no ano 2018, que se estenderá ata o mes de setembro tras enquisar unha mostra de 9000 persoas maiores de 14 anos.

Fonte: GenCat

Cataluña

Renóvase o convenio de colaboración para establecer o éuscaro como lingua oficial nas cámaras lexislativas de Navarra

O Parlamento de Navarra e a Real Academia Vasca renovaron o seu convenio de colaboración para continuar co seu proxecto de converter o éuscaro na lingua oficial das Cámaras lexislativas, establecendo unha terminoloxía parlamentaria común que sirva para todos os territorios nos que se fala esta lingua.

Fonte: Navarra

Navarra

Sancionan un mosso d’esquadra por non usar sempre o formulario de atestado en catalán

O axente podería recibir unha sanción de 16 días de suspensión de emprego e soldo por opoñerse a utilizar sempre o formulario dos atestados en catalán.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder