España
A Consellería de Educación e Cultura crea unha rede de oficinas para fomentar o uso do valenciano nos municipios
Dende a Generalitat a Consellería de Educación e Cultura pon en marcha unha norma para crear unha rede pública de servizos, mediante a cal se quere favorecer o uso do valenciano nos municipios. O obxectivo deste decreto será a regulación dos servizos xa existentes nas universidades e nas entidades locais.
Fonte: Levante
O colectivo Fala Ceibe do Bierzo teme que a chegada de secretarios de carreira ás xuntas veciñais prexudique o uso do galego
A nova regulación facilitaría a chegada á comarca de secretarios de carreira ás xunta veciñais, o que podería supoñer un risco para a supervivencia do uso oral do galego no funcionamento das alcaldías de barrio da zona.
Fonte: InfoBierzo
A celebración do Día das Letras Galegas no Bierzo serve para reclamar maior recoñecemento para o galego na comarca
Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, ademais de reivindicar a figura da autora homenaxeada, María Victoria Moreno, aproveitouse para reclamar espazos, dereitos e facilidades para os falantes de galego do Bierzo.
Fonte: La Nueva Crónica
Unha festa reivindica a oficialidade do éuscaro en toda Navarra
O obxectivo desta festa é asegurar na escola pública un coñecemento do éuscaro como idioma de convivencia e inclusión social.
Fonte: eitb
O Concello de Pamplona aproba unha declaración a prol de políticas lingüísticas que garantan os dereitos da cidadanía
O Concello de Pamplona aprobou unha declaración referente á política lingüística na que se insta a continuar traballando para garantir os dereitos lingüísticos da cidadanía.
Fonte: Noticias de Navarra
A Academia da Lingua Asturiana calcula que a oficialidade suporía un 0,5 % do investimento do Principado
Na reunión entre a Academia da Lingua (ALLA) e a Federación Asturiana de Empresarios (FADE), a ALLA explicou que a oficialidade do asturiano suporía un 0,5% dos presupostos autonómicos e impulsaría as bases dunha nova industria cultural en Asturias.
Fonte: El Comercio
Apple non utilizará no asistente virtual Siri o idioma catalán
Os usuarios de Apple critican a compañía polo feito de que non quere incorporar no asistente virtual Siri o idioma catalán, despois de que así llo solicitase a Plataforma per la Llengua.
Fonte: Mundiario
A publicación de libros en asturiano continúa en niveis moi baixos
Con respecto á publicación de libros en asturiano, o seu declive continúa, aínda que mellorou no ano 2017, cando se sacaron 40 volumes en asturiano, só son dous máis que o ano anterior, pero menos da metade que no 2011.
Fonte: La Voz de Asturias
O Concello de Elx e a Academia Valenciana da Lingua asinan un acordo para promover o valenciano
A Academia Valenciana da Lingua (AVL), xunto co Concello de Elx, quere fomentar o uso do valenciano. Para isto, o Concello nomeará as rúas en valenciano, incorporándoas á nomenclatura oficial, e enlazará a súa páxina web á da AVL.
Fonte: Radio Elche
As traducións en España supoñen un 21% da produción editorial
En España cada ano tradúcense obras escritas nuns 50 idiomas diferentes, segundo o Observatorio da Lingua e do Libro. Os libros publicados en catalán e en éuscaro increméntase, mentres que baixa a cifra de títulos en galego.
Fonte: La Vanguardia
Boletín
Subscríbase ao boletín