España

Lanzan unha nova campaña en Cataluña para fomentar o uso social do catalán

A organización Plataforma pola Lingua puxo en marcha a campaña 'El català, llengua comuna' para defender o uso da lingua catalá como un elemento de cohesión social. A iniciativa contará coa colaboración de numerosas figuras representativas do ámbito político, cultural e dos medios de comunicación.

Fonte: Gen Cat

Cataluña

Arrancan as emisións de À Punt, a nova canle autonómica de televisión en lingua valenciana

A partir deste 25 de abril de 2018 comezan as emisións en probas da nova canle de televisión pública da Comunidade Valenciana, À Punt, na que se emitirá unha ampla variedade de contidos para todo tipo de públicos en lingua valenciana.

Fonte: Fórmula TV

Comunidade Valenciana

O Goberno vasco colaborará para impulsar o uso do éuscaro no País Vasco francés

O Goberno vasco, en colaboración coa Oficina Pública da Lingua Vasca, confirmou o presuposto que se destinará á promoción do éuscaro en Iparralde, o País Vasco francés, seguindo coas accións establecidas no convenio marco para o período 2017-2022 e que se centran na transmisión, o uso, a calidade e actitude ante a lingua.

Fonte: EITB

País Vasco

Propoñen cambiar a denominación de lingua catalá pola de lingua baleárica no Estatuto de Autonomía das Illas Baleares

Unha nova iniciativa, presentada a través da plataforma change.org, propón modificar a denominación da súa lingua propia no Estatuto de Autonomía, adoptando a de lingua baleárica en lugar de lingua catalá.

Fonte: La Vanguardia

Illas Baleares

O Goberno de Aragón impulsará a creación dun dicionario e un tradutor en liña da lingua aragonesa

O Goberno de Aragón impulsará o desenvolvemento dun dicionario e un tradutor en liña da lingua aragonesa. Esta acción enmárcase dentro do programa POCTEFA Linguatec de dixitalización e defensa das linguas minoritarias europeas.

Fonte: Heraldo

Aragón

Unha nova iniciativa de voluntariado difundirá as publicacións escritas en catalán

Un grupo de persoas voluntarias acaba de poñer en marcha o proxecto elseullibre, unha iniciativa que pretender servir de canle de difusión de novas publicacións en catalán.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade Valenciana anula parcialmente o decreto de plurilingüismo

O Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade Valenciana anulou parcialmente o decreto de plurilingüismo por considerar que resulta discriminatorio co castelán fronte ao valenciano no sistema educativo non universitario.

Fonte: Levante-EMV

Comunidade Valenciana

Denuncian a discriminación que sofren en España as linguas que non teñen o status de cooficiais

Compromís denuncia no Senado a vulneración da disposición final da Constitución española por non publicar a Carta Magna en todas as linguas de España, en referencia ás que non se consideran cooficiais, como é o caso do asturiano, o aragonés, o aranés, o leonés ou o tamazigh, entre outras, no que consideran un caso claro de discriminación lingüística.

Fonte: La Vanguardia

Xeral

Asturias celebra a Semana das Letras Asturianas

O 4 de maio celebrarase o acto institucional do XXXIX Día das Letras Asturianas no Teatro Campoamor de Oviedo. Así mesmo, ao longo da semana realizaranse outras actividades en prol da lingua asturiana, no marco da celebración Semana das Letras Asturianas.

Fonte: El Comercio

Asturias

O coñecemento de catalán será un dos requisitos para acceder a unha praza de investigación nas illas Baleares

O Boletín Oficial das Illas Baleares publicou unha convocatoria para a contratación temporal dun investigador técnico, que esixe como requisito a acreditación dun nivel intermedio (B2) da lingua catalá.

Fonte: ABC

Illas Baleares

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder