España

Ponse en marcha nas Illas Baleares unha campaña parar garantir atención en catalán no ámbito sanitario

A ONG Plataforma per la Llengua móstrase a favor de manter a lingua catalá no ámbito sanitario balear, para o cal solicitou que non se modifique a esixencia da lingua como requisito para os traballadores da sanidade pública das illas.

Fonte: La Vanguardia

Illas Baleares

Música e teatro conmemorarán o Día da Lingua Materna en Asturias

Con motivo da festividade do Día da Lingua Materna, que a UNESCO celebra cada 21 de febreiro, o Principado de Asturias organizou un completo programa de pezas teatrais clásicas e concertos de música tradicional asturiana.

Fonte: El Comercio

Asturias

O Concello de Castelló anima os pais a inculcarlles a lingua valenciana aos seus fillos

A Oficina de Promoción do Valenciano do Concello de Castelló puxo en marcha a iniciativa "Benvidos a casa", a través da cal anima as familias que acaban de ter un fillo ou unha filla a priorizar o uso da lingua valenciana.

Fonte: Cope

Comunidade Valenciana

O Parlamento de Navarra crea unha comisión para elaborar unha nova lei do éuscaro

O Parlamento de Navarra creará unha comisión especial que se encargará de elaborar unha proposta para unha nova Lei foral do éuscaro que teña como principios o respecto aos dereitos lingüísticos, a superación de zonificación lingüística e a oficialización do éuscaro en toda Navarra.

Fonte: Diario de Navarra

Navarra

Búscase promover o aragonés través de actividades culturais, conferencias e axudas á investigación

O Goberno de Aragón busca a colaboración das entidades locais a través de protocolos cos que pór en marcha actuacións que conduzan á normalización da lingua aragonesa. A organización de seminarios ou a concesión de axudas para a investigación son algunhas das accións propostas.

Fonte: Heraldo

Aragón

O éuscaro é a lingua materna de máis do 30% da xuventude vasca

O 33,1% da mocidade vasca de entre 16 e 24 anos recoñece o éuscaro como a súa lingua materna, unha porcentaxe que se incrementou considerablemente nos últimos anos. De feito, este grupo de idade é o que suma un maior número de persoas que tiveron o éuscaro como lingua materna.

Fonte: Deia

País Vasco

Créase unha iniciativa para transmitirlles a variante lenense da lingua asturiana ás novas xeracións

O colexio infantil El Nial de Pola de Lena puxo en marcha un programa para que os nenos e nenas aprendan a variante lenense do asturiano a través de xogos e actividades. Tamén se prevé que no próximo curso as matrículas e outros documentos administrativos se elaboren tanto en castelán como en asturiano.

Fonte: La Nueva España

Asturias

O número de alumnos que recibe ensino de galego en León e Zamora supera os 1100

Máis de 1100 alumnos de centros educativos de Castela e León reciben ensino de galego no Bierzo e Sanabria grazas á colaboración entre a Xunta de Galicia e o Goberno castelán-leonés.

Fonte: Crónicas de la Emigración

Castela e León

O proxecto "Euskaraldia, 11 días en éuscaro" busca potenciar o uso desta lingua no País Vasco

A iniciativa "Euskaraldia, 11 días en éuscaro", posta en marcha polo Goberno vasco, proponlles aos concellos utilizar o éuscaro para comunicarse durante 11 días, dende o 23 de novembro ata o 3 de decembro de 2018.

Fonte: Sarriguren Web

País Vasco

Convócanse os premios ao uso da lingua valenciana nas fallas

A Oficina de Promoción e Uso do Valenciano do Concello de Torrent convocará unha nova edición dos premios ao emprego deste idioma nas fallas, a través dos que fomentan o seu uso nos rótulos e os libriños que acompañan as construcións destas festas.

Fonte: Las Provincias

Comunidade Valenciana

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder