España
Segundo un estudo, o 68% das notarías de Cataluña non ofrece redactar escrituras en catalán
O estudo realizado pola Plataforma pola Lingua destacou que tan só o 32% das notarías de Cataluña ofrécelles aos seus clientes escoller o catalán para a redacción de escrituras. Isto contrasta co dato de que o 51,1% da clientela afirmou falar catalán na súa vida cotiá.
Fonte: La Vanguardia
O Día de Internet en Éuscaro centrarase nos dispositivos móbiles
O vindeiro 17 de maio celebrarase en San Sebastián a terceira edición do Día de Internet en Éuscaro, que porá o foco nos móbiles para coñecer que modelos poden utilizarse en lingua vasca.
Fonte: EITB
O aranés recibe un incremento de 15 000 euros nas subvencións para súa promoción
A Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura achegará 60 000 euros para a promoción e o coñecemento do aranés.
Fonte: Gencat
Instan a respectar o topónimo "València" nos sinais de tráfico
A Plataforma per la Llengua pediulles ao Síndic de Greuges (Valedor do Pobo na Comunidade Valencia) e ao Ministerio de Fomento que se respecte a denominación "València" nos sinais de estradas, autovías e autoestradas. Esta denominación é oficial dende a publicación do Decreto 16/2017.
Fonte: La Vanguardia
Política Lingüística lanza unha nova liña de axudas para impulsar a lingua de signos catalá
Esta nova liña de axudas convocada pola Dirección Xeral de Política Lingüística está dirixida a proxectos de fomento e difusión da lingua de signos catalá e conta cunha dotación económica de 40 000 euros.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Anuncian a posta en marcha en Mallorca dunha liña de axudas para rotular en catalán
O Goberno da illa de Mallorca puxo en marcha obradoiros de rap en catalán para impulsar o uso desta lingua entre a xente nova. Así mesmo, anunciou a convocatoria de axudas para a rotulación en catalán.
Fonte: SER
O aragonés inclúese no mapa das linguas en perigo de extinción
A Alianza para a Diversidade Lingüística, á que pertence o proxecto Idiomas en Perigo de Extinción, mantén actualizado un mapa interactivo que informa sobre a situación de cada lingua, no cal o aragonés figura no máximo nivel de alerta.
Fonte: Heraldo
O Goberno vasco salienta a colaboración en materia de política lingüística entre os territorios onde se fala éuscaro
O conselleiro de Cultura e Política Lingüística, Bingen Zupiria, salienta que o éuscaro vive un momento relevante, por varias razóns. Acaba de publicarse un libro, Historia de la lengua vasca, que relata a evolución da lingua ao longo dos séculos. Tamén se resaltou a importancia do proxecto Euskaraldia, que se vai poñer en marcha en 2018.
Fonte: La Vanguardia
Avilés acollerá un ciclo de rutas guiadas en asturiano
A Estaya de la Llingua organiza un período de visitas guiadas en asturiano que terá lugar o venres 18 de maio. O obxectivo será dar a coñecer lugares e contornos naturais da cidade.
Fonte: La Voz de Avilés
A Generalitat Valenciana organiza a II Feira dos Idiomas para promover a importancia da diversidade lingüística
A II Feira dos Idiomas terá lugar en Valencia os días 23, 24, 25 de maio e o seu obxectivo será a difusión da diversidade lingüística. Neste evento participarán un centenar de institucións que realizarán actividades lúdicas e talleres de dinamización lingüística.
Fonte: InformaValencia
Boletín
Subscríbase ao boletín