Galicia

Valentín García e José Manuel Balseiro participan en Ribadeo na presentación de Nosa Señora das Virtudes

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o delegado territorial José Manuel Balseiro participaron na presentación do libro Nosa Señora das Virtudes.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A V Carreira Camiño das Letras unirá o Pico Sacro coa Cidade da Cultura o 17 de maio

A V Carreira Camiño das Letras volverá unir o famoso Pico Sacro coa Cidade da Cultura de Galicia o vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, dedicado a María Victoria Moreno.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Valentín García participa no IES Maruxa Mallo de Ordes na solta do globo de helio de MarumaSat III

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e mais o delegado territorial da Xunta Ovidio Rodeiro participaron no IES Maruxa Mallo de Ordes na solta do globo de helio de MarumaSat III.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Concello de Zas convoca a terceira edición dos seus galardóns á creatividade audiovisual en galego

Os Premios Fouciño, convocados polo Concello de Zas, teñen como obxectivo recoñecer o talento creativo no ámbito audiovisual e fomentar o uso do galego na rede. Para participar, cómpre elaborar unha curtametraxe, cunha duración máxima de 5 minutos, de temática libre e gravada en galego ou con subtítulos en nesta lingua.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Real Academia Galega inicia os seus Encontros coa xente nova cos participantes no proxecto "21 días co galego"

O alumnado do IES da Pobra do Caramiñal e do Colexio Fogar de Santa Margarida da Coruña, integrantes do proxecto "21 días co galego", acudiu á RAG para participar nos Encontros coa xente nova, unha iniciativa para achegarse, principalmente, á mocidade co obxectivo de reflexionar e debater sobre o presente e o futuro do galego.

Fonte: RAG

Bota a andar o programa da Deputación da Coruña "O galego, a miña lingua propia"

"O galego, a miña lingua propia" é o nome do novo programa de dinamización e promoción lingüística da Deputación da Coruña destinado á mocidade que percorrerá 43 concellos da provincia.

Fonte: Deputación da Coruña

A Consellería de Cultura e a Televisión de Galicia levan aos fogares galegos a obra de María Victoria Moreno

A obra de María Victoria Moreno chegará na semana das Letras aos fogares galegos a través da programación da Televisión Galicia, coa emisión de pequenas pezas audiovisuais realizadas a partir do conto A festa no faiado e da novela xuvenil Anagnórise, dúas obras representativas da autora homenaxeada este ano polo 17 de maio.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O VII Festival Arte pola Igualdade celébrase na Coruña

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e mais o delegado territorial Ovidio Rodeiro presentaron o VII Festival Arte pola Igualdade, unha actividade coa que o CEIP Eusebio da Guarda, o Centro de Educación Especial (CEE) Nosa Señora do Rosario e o Conservatorio de Música da Coruña (CMUS) se suman á conmemoración das Letras Galegas 2018.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Política Lingüística e Renfe poñen en marcha a campaña Letras Galegas 2018

A Consellería de Cultura, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e Renfe Viajeros poñen en marcha por segundo ano a campaña Letras Galegas 2018 na que colaboran, no marco da programación institucional promovida pola Xunta de Galicia.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Un total 44 estudantes londinienses chega a Santiago para perfeccionar o seu galego

Os secretarios xerais de Política Lingüística e da Emigración, Valentín García Gómez e Antonio Rodríguez Miranda, recibiron no Auditorio Neira Vilas da Cidade da Cultura 44 estudantes do instituto londiniense Cañada Blanch.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder