Galicia
Os Bolechas volven ao FalaRedes cunha actividade de sensibilización lingüística e ambiental

Os personaxes máis famosos da literatura infantil galega, os seis irmáns Bolechas e o seu can, volven un ano máis ao programa de promoción do galego FalaRedes, que a Secretaría Xeral de Política Lingüística leva adiante en concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL).
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O secretario xeral de Política Lingüística participa na entrega de premios do concurso Ao rescate da nosa memoria
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na entrega de premios do XIII Concurso de narración curta Ao rescate da memoria.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Un estudo da Real Academia Galega analiza o uso do galego nos campamentos de verán e as actividades extraescolares
Unha investigación do Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega analiza as prácticas lingüísticas das nenas e os nenos e tamén do persoal que se fai cargo deles nos campamentos de verán, as actividades extraescolares e outros contextos de educación non formal.
Fonte: Real Academia Galega
Movistar+ anuncia que incluirá subtítulos en galego nas súas películas
A operadora Movistar anunciou, a través da súa conta en Twitter, que está a traballar para incorporar o galego nos subtítulos dos filmes que emite esta plataforma, unha antiga demanda por parte de entidades como A Mesa pola Normalización Lingüística.
Fonte: Código Cero
Os concellos pontevedreses reciben as axudas para normalización e dinamización lingüística convocadas pola Deputación
Un total de 34 concellos e a Entidade Local Menor de Bembrive vanse beneficiar das axudas para dinamización lingüística convocadas polo Servizo de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra que teñen como obxectivo que as administracións locais poidan crear ou manter un servizo de normalización ou desenvolver programas de fomento do galego.
Fonte: Deputación de Pontevedra
O secretario xeral de Política Lingüística participa na presentación da V Noite Branca de Lalín
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación da V Noite Branca de Lalín, que organizan a Asociación de Empresarios do Deza e o Centro Comercial Aberto de Lalín coa participación de 110 establecementos comerciais e hostaleiros.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Centro de Investigación TIC da Universidade da Coruña participa nun proxecto de formación en lingüística computacional
Persoal investigador do Centro de Investigación TIC (CITIC) está a participar no proxecto Erasmus Class con outras doce universidades europeas e asiáticas co obxectivo de axudar a universidades de Kazhakhstán e Uzbekistán a desenvolver os seus propios mestrados interdisciplinares en lingüística computacional.
Fonte: Código Cero
Só un de cada catro traballos de fin de grao ou mestrado na Universidade de Santiago está en galego
Dos 3309 traballos de fin de grao (TFG) defendidos en 2017 na Universidade de Santiago, 2456 estaban en castelán (74,2%), 725 en galego (21,9%) e 72 en inglés. No caso dos traballos de fin de mestrado (TFM), presentáronse 1164, dos cales 275 (23,5%) estaba en galego e 828 (71%) en castelán.
Fonte: Sermos Galiza
Os Bolechas e o Amigo Monte chegan o sábado a Teo da man do Falaredes
Os Bolechas e o amigo Monte, a nova proposta da familia animada máis famosa de Galicia para este verán, chegará o sábado da man do Falaredes á localidade coruñesa de Teo, en cuxo Auditorio Constante Liste da Ramallosa se poderá gozar a partir das 12.00 horas.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A app Bus do IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo recibe o IV Premio Inventa en Galego
Valentín García Gómez entregou no IES Menéndez Pidal da Coruña os premios da IV edición do concurso ‘Inventa en galego’, convocado por Igaciencia co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística. No mesmo acto tamén se celebrou a entrega dos premios ‘Sensores para todos’, que perseguen facer unha utilización tecnoloxicamente interesante dos sensores de Arduino ou Lego.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín