Galicia
Xa está dispoñible para todo o público o novo corpus lingüístico para o galego do Instituto da Lingua Galega
Na páxina web do Instituto da Lingua Galega xa se pode consultar o novo corpus lingüístico Gondomar. Corpus dixital de textos galegos da Idade Moderna, un proxecto que inclúe a produción escrita en galego ao longo dos séculos XVI, XVII e XVIII.
O cadernos didácticos Rubio xa contan con versión en galego
Rubio acaba de lanzar a súa primeira colección de cadernos en lingua galega debido á crecente demanda por parte de docentes e pais, que se suman así aos xa existentes en valenciano e catalán.
Fonte: Praza Pública
Convócase o IX Certame de Cinema OUFF Escola co obxectivo de impulsar o galego entre a mocidade
O certame escolar OUFF Escola, convocado polo Concello de Ourense e o Festival de Cine Internacional de Ourense, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, ten como obxectivo impulsar o uso do galego entre a xente nova, fomentar a creatividade audiovisual e promover o traballo en equipo.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Milleiros de persoas percorren as rúas de Santiago de Compostela na manifestación convocada pola plataforma Queremos Galego
A plataforma Queremos Galego reuniu o pasado 17 de maio en Santiago de Compostela a milleiros de manifestantes que reivindicaron o seu dereito a vivir en lingua galega.
Fonte: Praza Pública
Os Bolechas protagonizan en Pontevedra unha exposición sobre o galego organizada pola Deputación Provincial
A mostra didáctica ‘Gatiños, Ghatiñas, Gatíos. Xeitos de falarmos galego', protagonizada polos Bolechas e impulsada pola Deputación de Pontevedra, pretende achegarlles aos máis pequenos a riqueza da nosa lingua. A exposición, que arrancou en Pontevedra, percorrerá todas as comarcas da provincia en próximas datas.
Fonte: Deputación de Pontevedra
Carlos Lixó gaña o Premio a artigos xornalísticos de lingua do Concello de Carballo
O xurado do XIV Premio a artigos xornalísticos normalizadores proclamou como gañador da edición do 2018 deste certame a Carlos Lixó polo seu artigo «Alpabardas verdes».
Fonte: Concello de Carballo
Ovidio Rodeiro e Jesús Oitaven entregaron os premios da V Carreira Camiño das Letras na Cidade da Cultura
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, foi o encargado de darlle a saída á V edición da Carreira Camiño das Letras coa que se conmemorou o Días das Letras Galegas a través do deporte e poñendo en valor o noso patrimonio do Camiño de Santiago.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Valentín García e Ovidio Rodeiro participan na presentación do Ciclo da Mitoloxía e Sacralidade do Pico Sacro
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o delegado territorial Ovidio Rodeiro participaron na presentación do Ciclo da Mitoloxía e Sacralidade do Pico Sacro.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Trescentos escolares ourensáns réndenlle homenaxe a Pura Vázquez no centenario do seu nacemento
Trescentos escolares de educación primaria de sete centros de ensino de Ourense rendéronlle tributo a Pura Vázquez no centenario do seu nacemento, no acto "Pura Vázquez, pioneira da literatura infantil, mestra exemplar", organizado pola Fundación Ínsua dos Poetas en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Deputación de Ourense.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Nacen dúas novas iniciativas xornalísticas en galego na provincia de Lugo

Nacen dous novos xornais en galego na provincia de Lugo: LugoXornal, con información da contorna de Lugo e O Bierzo, e Xornal da Mariña, unha iniciativa dixital que fala da realidade da Mariña luguesa.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín