Galicia

A Consellería de Cultura e a Televisión de Galicia levan aos fogares galegos a obra de María Victoria Moreno

A obra de María Victoria Moreno chegará na semana das Letras aos fogares galegos a través da programación da Televisión Galicia, coa emisión de pequenas pezas audiovisuais realizadas a partir do conto A festa no faiado e da novela xuvenil Anagnórise, dúas obras representativas da autora homenaxeada este ano polo 17 de maio.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O VII Festival Arte pola Igualdade celébrase na Coruña

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e mais o delegado territorial Ovidio Rodeiro presentaron o VII Festival Arte pola Igualdade, unha actividade coa que o CEIP Eusebio da Guarda, o Centro de Educación Especial (CEE) Nosa Señora do Rosario e o Conservatorio de Música da Coruña (CMUS) se suman á conmemoración das Letras Galegas 2018.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Política Lingüística e Renfe poñen en marcha a campaña Letras Galegas 2018

A Consellería de Cultura, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e Renfe Viajeros poñen en marcha por segundo ano a campaña Letras Galegas 2018 na que colaboran, no marco da programación institucional promovida pola Xunta de Galicia.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Un total 44 estudantes londinienses chega a Santiago para perfeccionar o seu galego

Os secretarios xerais de Política Lingüística e da Emigración, Valentín García Gómez e Antonio Rodríguez Miranda, recibiron no Auditorio Neira Vilas da Cidade da Cultura 44 estudantes do instituto londiniense Cañada Blanch.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Concello de Santiago de Compostela organiza unha nova edición do concurso #fotolingua

O Concello de Santiago de Compostela presentou a terceira edición do concurso #fotolingua, unha iniciativa que ten como obxectivo darlles visibilidade aos establecementos comerciais da cidade comprometidos co uso do galego.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Política Lingüística modifica as datas de realización das probas de acreditación do Celga

A Secretaría Xeral de Política Lingüística publicou no Diario Oficial de Galicia a modificación do calendario de realización das probas Celga. Os exames, previstos inicialmente para os días 26 e 27 de maio (Celga 4 e Celga 2, respectivamente) e 2 e 3 de xuño (Celga 3 e Celga 1, respectivamente) en Santiago de Compostela e en Ponferrada modifícanse.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O CEIP Xesús San Luís Romero recibe o premio concurso-exposición Letras Galegas Infantil e Primaria

O CEIP carballés Xesús San Luís Romero acolleu o acto de entrega do Premio do Concurso-Exposición Letras Galegas 2018 na categoría de educación infantil e primaria, que gañou co proxecto “Victoria Moreno, mestra con alma”.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Valentín García participa na conmemoración das primeiras sentenzas ditadas en galego nos xulgados en Lalín

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participa no acto de descuberta da placa conmemorativa das primeiras sentenzas ditadas en lingua galega nos xulgados de Lalín polos maxistrados Paz Filgueira, Rosa García Prado e José Gómez Rey.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Universidade de Vigo publica a primeira Biblia multilingüe dispoñible para o galego

O Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo conta cunha nova versión do Cluvi, un banco de traducións de libre acceso con 47 millóns de palabras, cuxas novidades máis salientables son a renovación do sistema de consulta e a ampliación da súa base documental na que figura a primeira Biblia multilingüe dispoñible para o galego.

Fonte: Universidade de Vigo

O Concello de Carballo inicia unha compaña que convida a usar o galego en todos os ámbitos sociais

O Concello de Carballo acaba de poñer en marcha "En galego, ti tes a licenza!", unha iniciativa para animar a usar o galego libremente en todos os ámbitos por persoas de todas as idades.

Fonte: Concello de Carballo

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder